miniatura|dereita|240px|Parella de Coccinella septempunctata apareándose miniatura|dereita|240px|Parella de moscas apareándose En bioloxía, o apareamento é o conxunto de todos os comportamentos de cortexo e cría que realizan dous individuos de distinto sexo para procrear, e que culmina coa cópula; en oposición á posibilidade de procrear descendencia cun só (autofecundación de hermafrodita, partenoxénese).
En animais sociais faise extensible á crianza ou coidado da cría en común, nalgunhas aves por exemplo, incluiría a construción do niño e a nutrición dos pitos.
No gando e outras especies domesticadas ou controladas polo ser humano, a inseminación artificial e outras técnicas de reprodución asistida adoitan substituír o apareamento natural.
Véxase tamén Outros artigos Reprodución sexual Heterosexualidade Relacións sexuais Cópula Fecundación Aparato reprodutor feminino Aparato reprodutor masculino Evolución do sexo Sistema de determinación do sexo Sexualidade vexetal
Categoría:Reprodución