En fonética histórica, chámanse mudanzas fonéticas as modificacións que sofren os sons dunha lingua no decorrer da súa historia.
Rasmus Rask e Jacob Grimm foron uns dos primeiros en pór en evidencia que existían certa lóxica e regularidade nas mudanzas fonéticas. Jakob Grimm describiu en 1822 a primeira destas tendencias fonéticas (que levou despois o seu nome) ao estudar a mutación consonántica en xermánico. A súa intuición foi desenvolvida cincuenta anos máis tarde polos neogramáticos W. Scherer e Hermann Paul, que tentaron demostrar que as mudanzas obedecen a "leis" inmutábeis e explicaban as excepcións mediante a operación da analoxía e os empréstitos. Actualmente esas "leis" considéranse máis ben "tendencias".
Distínguese entre: mudanzas fonéticas propiamente ditas: simples transformacións de hábitos de pronuncia dun fonema determinado que non teñen influencia na estrutura fonolóxica da lingua considerada, e mudanzas fónicas ou fonolóxicas: alteracións que carretan a modificación da estrutura fonemática da lingua pola desaparición e/ou aparición de fonemas.
Categoría:Fonética Categoría:Fonoloxía Categoría:Historia da lingua