O terceiro óso metacarpiano é un dos cinco ósos do metacarpo. É un metacarpiano máis curto que o segundo.

A súa base artéllase co carpo, posuíndo unha superficie articular para o óso grande, de forma cóncava. Xunto a esta superficie existe unha pequena apófise estiloide, semellante na forma á apófise estiloide do radio. Por enriba da superficie e da apófise áchase unha zona rugosa, que presta inserción ao músculo extensor radial curto do carpo. No lado externo presenta unha superficie articular para o segundo óso metacarpiano e no lado interno unha para o cuarto. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Metacarpo