Os ambásidos ( Ambassidae ), ou peixes de cristal, son unha familia de peixes mariños e de auga doce, incluída na orde Perciformes. Segundo ITIS este nome de familia non é válido, e admite como correcto o nome máis antigo de Chandidae.

Características Son peixes de tamaño pequeno (cun tamaño máximo duns 26 cm) e o seu trazo característico é que o corpo é semitransparente. A aleta dorsal ten 7 a 8 espiñas e 7 a 11 radios brandos; a aleta anal ten tres espiñas e 7 a 11 radios brandos; as aletas pelviana, unha espiña e 5 radios brandos.

Están distribuídos por océanos e ríos de Asia e Oceanía.

Clasificación Divídense en oito xéneros con 49 especies: Xénero Ambassis (Cuvier, 1828) Xénero Chanda (Hamilton, 1822) Xénero Denariusa (Whitley, 1948) Xénero Gymnochanda (Fraser-Brunner, 1955) Xénero Paradoxodacna (Roberts, 1989) Xénero Parambassis (Bleeker, 1874) Xénero Pseudambassis (Bleeker, 1874) Xénero Tetracentrum (Macleay, 1883)

Véxase tamén Ligazóns externas

Taxonomía FishBase Ambassidae (ITIS) Chandidae (ITIS)

Categoría:Percoideos