Lucia di Lammermoor (en galego, Lucía de Lammermoor) é unha ópera en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado na novela The Bride of Lammermoor de Sir Walter Scott.A trama da novela orixinal está baseada nun incidente real que tivo lugar en 1669 na zona das colinas Lammermuir das Terras Baixas Escocesas. A familia verdadeiramente implicada foron os Dalrymple.

Mentres que o libreto conserva a intriga básica de Scott, tamén contén trocos moi importantes no que se refire ás personaxes e aos acontecementos. Na novela de Scott, é súa nai, Lady Ashton, e non Enrico, quen é a vilana e malvada perpetradora de toda a intriga. Tamén, Laird of Bucklaw foi só ferido por Lucia logo da súa desafortunada vida, e máis tarde se recuperou, marchou ao estranxeiro e sobreviviunos a todos. Na ópera, o descenso de Lucia á tolemia é máis rápida, dramática e moi espectacular, mentres que no libro é un pouco máis misteriosa e ambigua. Tamén, na novela, a última charla de Edgardo e Lucia, e a súa despedida (supervisada pola súa nai) é moito menos melodramática e máis calmada, aínda que o efecto final é igualmente devastador para ambos. Ao final da novela, o Señor de Ravenswood desaparece (o seu corpo nunca se atopa) e é presumiblemente morto de algún xeito nun accidente camiño do seu duelo co irmán maior de Lucia; polo tanto, non comete un suicidio espectacular de estilo operístico cun stiletto ao coñecer a morte de Lucia. Trátase dunha das principais óperas do belcanto e é, xunto con Don Pasquale e L'Elisir d'Amore, da ópera máis representada de Donizetti na actualidade.

A acción transcorre nas terras escocesas de Lammermoor a finais do século XVI, nun momento de crise política e relixiosa, e conta a historia do amor de Sir Edgardo de Ravenswood e Lucia, irmá de Lord Enrico Asthon, que pactou a voda da moza cun nobre rico. Aproveitando a ausencia do namorado, e por medio dunha proba de infidelidade, Lord Enrico consegue que se celebre a voda, xusto no momento en que volta Sir Edgardo. Nun acto de tolemia, Lucia apuñala o seu home na cama nupcial.

Personaxes PersonaxeTesituraIntérpretes na estrea, 26 de setembro de 1835(Director: – )Luciasoprano de coloraturaFanny Tacchinardi PersianiLord Enrico Ashton, Señor de Lammermoor; irmán de LuciabarítonoDomenico CosselliSir Edgardo de RavenswoodtenorGilbert Louis DuprezLord Arturo Bucklaw, noivo de LuciatenorBalestrieriRaimondo Bidebent, un capelán calvinistabaixoCarlo Ottolini PortoAlisa, doncela de LuciamezzosopranoTeresa ZappucciNormanno, cazador; un criado de EnricotenorAnafesto RossiCriados e serventes, convidados á voda

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Donizetti Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Nápoles Categoría:Óperas de 1835