miniatura|280px|dereita|Modelo orixinal da Sega Mega Drive, versión europea. miniatura|280px|dereita|Sega Mega Drive II, versión europea. A Sega Mega Drive, coñecida en diversos territorios de América como Sega Genesis, é unha videoconsola de 16 bits producida por Sega. Forma parte da cuarta xeración de videoconsolas e competiu no mercado contra a SNES de Nintendo. Foi comercializada en 1988 no Xapón como Mega Drive e en 1989 en Norteamérica como Genesis. En 1990, foi distribuída en Europa como Mega Drive por Virgin Mastertronic, Ozisoft en Australasia e Tec Toy no Brasil. En Corea do Sur foi distribuída por Samsung co nome Super Gam*Boy e posteriormente Super Aladdin Boy.

Deseñada por un equipo de I+D supervisado por Hideki Sato e Masami Ishikawa, a Mega Drive foi adaptada da placa arcade Sega System 16, centrada nun procesador Motorola 68000 coma CPU, cunha controladora de son Zilog Z80 e un sistema de vídeo compatible con sprites, tiless e desprazamentos (scrolling). O sistema alberga unha biblioteca de máis de 900 xogos en formato cartucho. Distribuíronse diversos periféricos, como unha base convertedora para poder utilizar xogos de Master System. A consola sufriu múltiples variacións, realizadas tanto por Sega coma por terceiros. Ademais, Sega creou dous servizos de rede para esta consola: Sega Meganet (o Xapón e o Brasil) e Sega Channel (Norteamérica).

Moitos dos seus xogos foron relanzados anos máis tarde en compilacións ou mediante servizos en liña como Nintendo Virtual Console, Xbox Live Arcade, PlayStation Network e Steam. A Mega Drive foi sucedida en 1994 pola Sega Saturn.

Historia Desenvolvemento Malia que a Sega Master System resultara ser un éxito en Suramérica e Europa, non conseguiu chamar a atención nos mercados norteamericanos ou xaponeses, que a finais dos oitenta estaban dominados por Nintendo, cunha porcentaxe de mercado do 95% e 92% respectivamente. Coa esperanza de incrementar drasticamente a súa cota, Sega propúxose crear unha nova máquina que fose como mínimo tan poderosa coma o resto do hardwarse máis impresionante do mercado, o Commodore de 16 bits de Amiga e os ordenadores domésticos da Atari ST.

Posto que os xogos arcade de System 16 que Sega estaba fabricando eran moi populares, Hayao Nakayama, daquela xefe executivo de Sega, decidiu facer que o novo sistema empregase unha estrutura de 16 bits. O deseño final resultou un éxito e encaixaba ben cos tres novos xogos arcade; o Mega-Tech, o Mega Play, e o System C. Calquera xogo arcade feito para estes sistemas podería fácil e rapidamente funcionar na nova videoconsola (un proceso coñecido como porting).

O primeiro nome que Sega pensou para a nova videoconsola foi MK-1601, mais decidiu utilizar o nome de "Sega Mega Drive". "Mega" tiña a connotación de superioridade, e "Drive" tiña a de velocidade e poder. Recibiron ese nome as versións da consola no Xapón, Europa, Asia, Australia e o Brasil. O nome nos Estados Unidos trocouse polo de Genesis debido a unha disputa pola marca rexistrada, mentres que a versión de Corea do Sur foi chamada Super Gam*Boy (삼성수퍼겜보이) e Super Aladdin Boy (transliteración de 수퍼알라딘보이; esta foi a versión coreana da Mega Drive 2). Esas consolas foron autorizadas e distribuídas por Samsung.

A posta á venda no Xapón A Mega Drive foi posta á venda no Xapón o 29 de outubro de 1988 a un prezo de 21.000 iens, case un ano despois que a primeira consola clasificada popularmente como máquina de 16 bits, a NEC PC Engine. Aínda que isto causou nun primeiro momento poucas vendas, a Mega Drive axiña eclipsou en popularidade a anterior consola.

A posta á venda en Europa A posta á venda foi o 30 de novembro de 1990 no Reino Unido, a un prezo de 189,99 libras. O primeiro envío do Reino Unido de 30.000 unidades foi vendido aos distribuidores Comet, Dixons, Rumbelows e Toys R Us (Foulger, 2000).

A posta á venda en Norteamérica e desenvolvemento adicional Sega anunciou a data para a posta á venda en Norteamérica en 1987, poñendo énfase en que era a primeira consola de 16 bits verdadeira. As vendas en EUA comezaron o 9 de xaneiro de 1989 en Nova York e Os Ánxeles cun prezo estimado de 200 dólares na súa saída. Foi posta á venda no resto de Norteamérica o 15 de setembro co prezo rebaixado lixeiramente a 190$.

Inicialmente Genesis competiu contra a consola de 8 bits NES, á que avantaxaba en gráficos e son. Porén, era unha loita ardua contra a omnipresenza de Nintendo nas casas dos consumidores e o amplo catálogo de xogos xa dispoñíbeis. Nun esforzo por facerse cunha base de consumidores importante, Sega decidiu centrarse nos consumidores un pouco máis vellos, en concreto mozos de tardía adolescencia e pouco máis de vinte anos, que disporían de maiores ingresos, e que estarían ansiosos por títulos con maior contido adulto e/ou profundidade no xogo. Así pois, Sega publicou títulos tales como Altered Beast e a serie Phantasy Star. Malia que a NES e Nintendo seguían a ser unha ameaza importante para a cota de mercado de Sega, esta relegou o teoricamente competitivo sistema TurboGrafx 16 a un relativo segundo plano, grazas en parte á pobre campaña de mercadotecnia da NEC en Norteamérica.

A principal competencia da Genesis rematou por ser a consola de 16 bits de Nintendo, a SNES, á que avantaxaba ao comezo en termos de número de usuarios e de xogos, invertendo o problema que Sega experimentara fronte á NES. Genesis seguiu mantendo unha boa base de afeccionados grazas principalmente a títulos multixogador e de deportes. A posta á venda de Sonic the Hedgehog en 1991 ameazou con esgolar dende aquela a posición número un de Nintendo nos Estados Unidos. Sonic foi publicado para substituír a mascota orixinal, Alex Kidd, e fornecer o compoñente asasino que Sega precisaba. Isto fixo estourar a que podería chamarse a maior guerra de consolas na historia dos videoxogos.

En 1992, Sega gozaba dunha posición forte no mercado, copando un 55% da cota de mercado en Norteamérica. Enfrontada a unha lixeira recesión nas vendas e a unha pequena perda de cota de mercado fronte á SNES, Sega volveu mirar para Sonic para renovar as vendas. A publicación do enormemente agardado Sonic the Hedgehog 2, xunto cunha agresiva campaña de publicidade que atacaba a Nintendo, propulsou as vendas de Genesis durante un certo período, e deu un pulo á cota de mercado de Sega, que chegou a acadar un sorprendente 65%.

En menos dun ano, en 1993, Sega puxo á venda unha versión redeseñada da consola cun novo prezo máis reducido. Compactando o sistema de chip interno nun máis reducido, cunha placa nai unificada, Sega reduciu radicalmente o tamaño do sistema e baixou os custos de produción simplificando o proceso de montaxe e reducindo o número de circuítos integrados que cada unidade precisaba.

Á parte da posta á venda dos extras Sega CD e 32X para a Genesis/Mega Drive, o último grande anuncio de Sega veu en forma dunha asociación coa Time Warner nos EUA para ofrecer un servizo de subscrición chamado Sega Channel, o cal permitía aos subscritores descargar xogos de maneira mensual.

A baixada na cota de mercado Os fiascos do Sega CD e da 32X, unha falla de publicidade efectiva e as rifas entre Sega América e Sega Xapón deixaron tocada á compañía. Cara á metade de 1994, a cota de mercado de Sega caera do 65% ao 35%, e os anuncios de novas e máis poderosas consolas tales coma a Saturn, a Playstation, e a N64 apuntaban a que a era dos 16 bits estaba chegando á súa fin. O interese na Genesis sufriu profundamente como resultado, engadíndose ás súas xa pobres vendas. En 1996, menos dun ano despois do debut da súa consola Saturn, Sega apresurouse a tomar parte no final da era dos 16 bits interrompendo a produción da Genesis e dos seus accesorios.

Rexurdimento da popularidade en Norteamérica Nestes últimos anos, a Genesis experimentou unha especie de renacemento debido en gran parte ao mercado negro de cartuchos sen licenza (por exemplo, a saída ao mercado da Wisdom Tree) e a descarga de ROMs, aos que se pode xogar por medio de emuladores tales coma o Gens. Tamén existe unha tendencia cara á programación caseira sobre a Genesis empregando PCs persoais.

No 2000, xurdiu unha moda cara aos xogos de TV tipo plug-and-play, e Radica lanzou versións auto-contidas con licenza de xogos da Mega Drive para o mercado norteamericano (baixo o nome de Play TV Legends Sega Genesis) e europeo (baixo o nome de Sega Mega Drive 6-in-1 Plug 'n' Play), que conteñen seis populares xogos, unha pequena caixa e un mando. Non ten rañura para os cartuchos, e desta maneira é unha consola específica. Porén, Benjamin Heckendorn, famoso por ter convertido en portátil a Atari, probou que de feito é posíbel engadir unha rañura para cartuchos cun pouco de soldadura.

Variantes da Mega Drive e Genesis

Sega Mega Drive (Xapón) Axustes en xaponés. Toma para auriculares. Porto AUX sinalado A/V OUT. Porto EXT de 9 pins. Admite o Sega Mega-CD e a Sega Super 32X. Ten un mecanismo de bloqueo para o cartucho. Remate negro brillante. A moldura circular ten este texto en púrpura: "AV Intelligent Terminal High Grade Multipurpose Use". Na parte de abaixo do círculo hai un cadrado púrpura cun LED vermello indicador de corrente. Rañuras de ventilación á esquerda. "Mega Drive" está escrito en branco na parte baixa á dereita da consola, á esquerda do logo de Sega. O botón de reinicio e o de comezo do mando son azuis.

Sega Mega Drive (Europa, Australia, e Nova Zelandia) Convertida para reproducir un sinal de 50 Hz PAL. Axustes en inglés. Incapaz de reproducir xogos da Mega Drive xaponesa por mor da forma dos cartuchos e da consola. Porén, vendéronse adaptadores para xogar cos xogos xaponeses no modelo europeo. Eliminouse o dispositivo de bloqueo do cartucho. O texto "High Definition Graphics · Stereo Sound" atópase detrás da rañura do cartucho (só se encontra nos primeiros modelos). O botón de reinicio e o de comezo do mando son brancos. Número de modelo 1600-05 (modelo orixinal), 1601-05 (segunda variante sen o texto "High Definition Graphics - Stereo Sound" nin porto EXT)

Sega Mega Drive (Asia) Esta consola é unha variante da Mega Drive europea e a miúdo é confundida coa versión xaponesa. Ningún texto ao redor do círculo. O logo de "16-Bit" é máis grande. O botón de reinicio e o de comezo do mando son azuis. Idéntica á versión europea coa saída PAL ou NTSC. Logotipo xaponés e empaquetado que semella á versión xaponesa. Os xogos están empaquetados coma os europeos coa mesma etiqueta. Porén, os cartuchos teñen a mesma forma que os xogos da Mega Drive do Xapón.

Sega Genesis (Norteamérica) Toma de auriculares. Porto AUX sinalado A/V OUT. Porto EXT. de 9 pins nos primeiros modelos. Admite o Sega Mega-CD e a Sega Super 32X. Remate negro brillante. Rañuras de ventilación á esquerda. O botón de reinicio e o de comezo do mando son grises. "Sega Genesis" está escrito en branco na parte superior baixo a rañura do cartucho. O modelo número MK-1601 producíase no Xapón, as versións máis novas en Taiwán, para reducir custos.

Sega Mega Drive 2 (Xapón) Nova forma cadrada. Sen toma de auriculares. Unha multi-saída especialmente deseñada, para imaxe e son. Lapelas vermellas no porto do cartucho. O texto "High Grade Multi Purpose Intelligent Terminal" atópase tralo porto do cartucho. Inclúe un controlador de seis botóns. Ningún indicador LED. NOTA: este modelo tamén se lanzou en Europa / Australia, en certos paquetes.

Sega Mega Drive 2 (Europa, Australia, e Nova Zelandia) Nova forma cadrada. Sen toma de auriculares. Porto A/V conmutado a unha multi-saída especialmente deseñada, para imaxe e son (con anterioridade, só se empregaba son mono, xa que o son estéreo viña a través da toma de auriculares). Botón interruptor de acendido. Porto de corrente máis pequeno e adaptador de CA diferente. Modulador RF eliminado. Ten un LED de corrente vermello entre os botóns de acendido e de reinicio. Cable RF auto-conmutábel incluído.