miniatura|300px|Evolución territorial da Unión Europea. miniatura|Bandeira da Unión Europea. miniatura|300px|Parlamento Europeo, sede de Estrasburgo.Tamén ten outra sede en Bruxelas.

A historia da Unión Europea fai referencia aos feitos políticos que afectaron a esta organización. A historia dos diversos estados que a compoñen trátase de maneira separada dentro do artigo de cada un deles.

A Unión Europea (UE) é unha entidade política, social, económica e xurídica que cobre unha gran parte do continente europeo. Baséase en numerosos tratados e foi obxecto de varias ampliacións que a levaron dos 6 estados membros fundadores aos 27 en 2007. É máis que unha organización internacional, aínda que non ten carácter de estado federal.

As súas orixes remóntanse ao período posterior á segunda guerra mundial, en particular á fundación en 1951 da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro en París, logo da Declaración Schuman, e aos Tratados de Roma, que constituíron a Comunidade Económica Europea e a Comunidade Europea. Ambos os organismos son agora parte da Unión Europea, que se formou baixo ese nome en 1992.

A partir da década de 1960, Bruxelas consolidouse como a capital de facto da UE, o que levou á creación do denominado Barrio europeo desta cidade.

Antecedentes Ata o século XIX miniatura|dereita|200px|Límites do Imperio Romano miniatura|dereita|200px|Sacro Imperio Romano Xermánico

Na Baixa Idade Media xa se pode atopar a primeira idea dunha cristiandade medieval organizada, como forma de nostalxia do Imperio Romano. A comunidade cultural da Europa medieval caracterizábase por unha lingua e relixión comúns. O Imperio e o Papado daban unidade estrutural, pero politicamente foron ineficaces.

Os europeos comezaron a ter conciencia de si mesmos no século XVI, coa aparición do Estado moderno, liberado da tutela do Imperio e do Papado. A política da época tratou de organizar, ao seu modo e de xeito interesado, o mapa europeo dos séculos XVI e XVII mediante o sistema de Estados europeos esbozado en 1648 coa paz de Westfalia. A idea de organización europea desenvólvese a partir do ensaio de Kant titulado Zum ewigen Frieden (Sobre a paz perpetua).

Século XIX O século XIX foi un século de contradicións. A pesar de estar dominado polos nacionalismos, o escurantismo nacionalista non conseguiu sufocar a utopía da unión europea, que foi defendida por Saint-Simon, concibindo unha Europa unida como Estado federal.

As primeiras décadas do século XIX tiveron que soportar as consecuencias do Congreso de Viena de 1815 e o fracaso do Pacto da Santa Alianza, promovido polas forzas monárquicas e conservadoras ao fin das guerras napoleónicas. Neste século xorden as primeiras organizacións internacionais de cooperación voluntaria, baseadas no respecto á soberanía dos Estados, coa necesidade de resolver problemas comúns. Algúns exemplos son: Comisión do Rin Unión Postal Universal Unión Internacional Telegráfica Unión Monetaria Latina

Desde 1900 ata 1945 miniatura|dereita|200px|BeNeLux

O século XX comezou coa primeira guerra mundial (1914-1918) provocada en gran parte polos nacionalismos da época. Ao seu fin comeza o declive das grandes potencias europeas ante a aparición das superpotencias internacionais, Estados Unidos e Unión Soviética. O feito de que os Estados Unidos non formaran parte da Sociedade de Nacións, a cal porén contribuíu a crear, e o feito de que a URSS fora expulsada desta pola invasión de Finlandia, ocultou a decadencia política de Europa.

De novo as elites intelectuais e políticas mostraron a súa preocupación pola idea de Europa co fin de desterrar a tráxica experiencia do nacionalismo. Un dos proxectos de máis éxito xurdidos durante este período de tempo foi o Benelux (1943), que integraba os gobernos no exilio de Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo.

Despois de 1945 Durante a segunda guerra mundial rexurdiron os proxectos de unificación para evitar que apareceran novos conflitos como o que se estaba vivindo naquel momento.

O mapa e a comunidade de ideas de Europa sufriron unha profunda conmoción tras a guerra mundial. Despois de 1945, Europa xa non era a mesma. Da pugna entre os nacionalismos, a supervivente Europa foi ideoloxicamente amputada da metade oriental, que quedou baixo o dominio soviético, e moralmente rota polos horrores da guerra. Ademais, as divisións políticas e a penuria económica facían temer a persistencia dos particularismos, agravándose os desequilibrios por fundados temores a un novo enfrontamento armado.

Por isto, a necesidade de resucitar a idea da Europa unida pasou ao primeiro plano entre a poboación, formándose multitude de asociacións pro-europeístas.

O plan Marshall miniatura|dereita|200px|Cartel de propaganda do Plan Marshall

A economía europea da posguerra baseábase na autarquía e o troco; Europa só tiña as ruínas dunha longa guerra que devastou as cidades e os campos. A situación era tal que a dislocación económica, social e política facía temer que a metade occidental de Europa caera en mans do bloque comunista liderado pola Unión Soviética. Esta situación levou aos Estados Unidos a presentar o Plan de Reconstrución Europea, coñecido como Plan Marshall, en xuño de 1947.

O plan Marshall consistía, esencialmente, en que o goberno dos EEUU pagaría directamente aos exportadores norteamericanos que venderan os seus produtos aos gobernos e fabricantes europeos. Os importadores europeos pagaban na súa moeda nacional e este pago ía a unha conta á nome do Goberno dos Estados Unidos de América nos bancos centrais nacionais. O contravalor quedaba inmobilizado e non afectaba á compra en dólares. Pola súa parte o goberno estadounidense aceptaba poñer a disposición dos gobernos europeos esas cantidades inmobilizadas co fin de levar a cabo investimentos.

Dezaseis Estados europeos reuníronse en agosto de 1947, quedando fóra Alemaña do oeste, a España franquista e os países do leste influenciados pola Unión Soviética, para beneficiarse do devandito plan.

En 1948 naceu a Organización Europea de Cooperación Económica, na que ingresou Alemaña do oeste en 1949

Proxectos fracasados Proxecto Kalergi Impulsado por Richard Coudenhove-Kalergi pretendía asentar unha federación de carácter paneuropeo que previra os conflitos internos do continente, así como a creación de vías de resolución pacífica de controversias entre os países europeos. Fracasou debido á rivalidade entre Alemaña e Francia.

Proxecto Stresemann Aspiraba a reintegrar a Alemaña na sociedade internacional. Gustav Stresemann, Ministro de Exteriores, conseguiu incorporar ao seu país na Sociedade de Nacións (SDN) en 1926.

Proxecto Briand A idea do primeiro ministro francés, Aristide Briand, proposta nun discurso na Asemblea da SDN en 1929, centrábase en conseguir superar a rivalidade franco-alemá mediante a creación dun eixe entre ambos os países que permitira articular unha Unión Europea que previra un novo conflito. Propoñía como principal obxectivo a creación dunha federación de nacións europeas que buscase a cooperación política e social, así como o crecemento da economía.

Europa pola paz: os albores da cooperación (1945-1959) 200px|miniatura|Robert Schuman.

A Unión Europea naceu co anhelo de acabar cos frecuentes e cruentos conflitos entre veciños que culminaran na segunda guerra mundial. Para garantir que Alemaña non puidese ameazar a paz, a súa industria pesada foi desmantelada parcialmente despois da guerra. Despois dalgunhas declaracións, como a chamada que fixo en 1946 Winston Churchill para crear os Estados Unidos de Europa, en 1949, estableceuse o Consello de Europa como a primeira organización paneuropea.

O ano seguinte, o 9 de maio de 1950, no chamado Salon de l'Horloge, do Quay d'Orsay, o ministro de Exteriores francés Robert Schuman propuxo a formación dunha Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA) Que son os dous elementos necesarios para fabricar armas de guerra. de Europa (coñecida como Declaración Schuman). Sobre a base deste discurso, Francia, Italia, os países do Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo), xunto con Alemaña Occidental asinaron o Tratado de París (1951), que creaba a citada Comunidade e daba o primeiro paso para unha unión económica e política dos países europeos co finalidade de lograr unha paz duradeira.

miniatura|esquerda|200px|División do continente a raíz da guerra fría entre a OTAN e aliados e os países do Pacto de Varsovia. miniatura|esquerda|200px|Países de Europa que recibiron axudas do Plan Marshall. As columnas vermellas indican a cantidade relativa de diñeiro recibido.

O ano seguinte, a CECA fíxose cargo do papel de Autoridade Internacional para a Conca do Ruhr e levantou algunhas restricións sobre a produtividade industrial alemá, dando orixe ás primeiras institucións, como a Alta Autoridade (hoxe, a Comisión Europea) e a Asemblea Común (agora, o Parlamento Europeo). Os primeiros presidentes destas novas institucións foron Jean Monnet e Paul-Henri Spaak, respectivamente.

O período dos anos 1950 caracterízase polo comezo da guerra fría. As protestas contra o réxime comunista en Hungría son esmagadas polos tanques soviéticos en 1956. O ano seguinte, a Unión Soviética toma a dianteira na carreira espacial ao lanzar o Sputnik 1, primeiro satélite artificial.

O primeiro revés da construción europea preséntase en 1954, cando Francia se nega a ratificar o Tratado sobre o proxecto da Comunidade Europea de Defensa, (CED) que se asinara en 1952. O fracaso debeuse á vontade dos gaullistas de manteren a independencia militar do seu país, sumado ao rexeitamento do daquela poderoso partido comunista francés, que consideraba á CED como prexudicial para o Exército vermello. Co fin de dotar á Comunidade dunha sede central, Schuman e Adenauer promoven o chamado estatuto do Sarre, que foi rexeitado pola poboación local vía referendo.

Despois destes intentos infrutuosos, os líderes reuníronse na Conferencia de Mesina, e estableceron o Comité Spaak, que elaborou o Informe Spaak. Este informe foi aprobado na Conferencia de Venecia (29 e 30 de maio de 1956), onde se tomou a decisión de organizar unha Conferencia Intergobernamental sobre un mercado común e a enerxía atómica, centrada na unidade económica. Esta Conferencia deu lugar aos Tratados de Roma que se asinaron en 1957, e que estableceron a Comunidade Económica Europea (CEE) e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica (Euratom).

As dúas novas comunidades creáronse independentes da CECA, aínda que compartían os mesmos tribunais e unha Asemblea común. Os comités executivos das novas comunidades denomináronse Comisións, a diferenza de Alta Autoridade. A CEE foi dirixida por Walter Hallstein e a Euratom por Louis Armand. A misión da Euratom era integrar os sectores da enerxía nuclear, mentres que a CEE desenvolvería unha unión aduaneira entre os estados membros.

Os vibrantes 60, unha etapa de crecemento económico Nos anos 1960 xorde a cultura nova, avivada por grupos musicais como os Beatles, que atraían a multitudes de adolescentes onde queira que fosen, contribuíndo a estimular unha revolución cultural e agrandando a brecha xeracional. Foi este un bo momento para a economía, favorecido, entre outras cousas, porque os países da CEE recuperándose rapidamente dos desastres da guerra, coa axuda do Plan Marshall e, como consecuencia de Tratado de Roma, deixaron de percibir (e de pagar) dereitos de aduana polas transaccións comerciais entre si.

Tamén, nesta época, acordan exercer un control conxunto da produción alimentaria e, deste xeito, garantir un abastecemento suficiente que, incluso, chega a desembocar pronto no excedente de produción agrícola. En 1962 estableceuse a Política agrícola común (PAC) ao crearse o mercado único para os produtos agrícolas e unha política de solidariedade mediante o Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola (FEOGA).