Xoán Noya Gil, nado na Guarda o 22 de xaneiro de 1900 e finado no mesmo concello o 19 de decembro de 1989,La Voz de Galicia, 20-12-1988, p. 23. foi un futbolista, político e impresor galego.

Traxectoria Na súa xuventude foi futbolista, militou no Racing de Tui, foi capitán do Club Deportivo Guardés, co que competiu no Campionato de Galicia, e impulsou a construción do Estadio Troncoso na Guarda.

Fundou a Sociedade Obreira da Guarda, da que foi secretario, e o semanario Nuevo Heraldo, desde onde defendeu o agrarismo. Coa chegada da Segunda República formou parte da Comisión Xestora municipal, integrouse no Partido Galeguista e en 1936 foi tenente de alcalde. Dous anos antes fundara unha imprenta, na que se imprimiu La Zarpa, de Basilio Álvarez, e que foi incautada durante a guerra civil. miniatura|Blanco-Amor nunha viaxe a Caracas, con Xosé Velo, Xoán Noya, Mariano Otero Castelao e Manuel Meilán. 1952."Historias de ida e volta: O exilio galego" Consello da Cultura Galega. Perseguido polo franquismo, estivo agochado e foi condenado a pena de morte, conmutada despois por unha pena de cárcere de 30 anos, rebaixada logo a cinco, dos que cumpriu finalmente dous, nas prisións de Vigo e Pontevedra. O seu irmán Manuel Noya Gil foi asasinado en agosto de 1936. En 1945 fóronlle devolta as máquinas da imprenta incautadas anos atrás e creou a imprenta Gráficas Numen en Vigo. Con todo, os problemas económicos da familia obrigárono a emigrar a Venezuela xunto aos seus fillos Luís, Óscar e Rodolfo.

Foi representante do Lar Gallego de Caracas en Vigo e en 1956 foi elixido presidente tras a fusión co Centro Gallego. Publicou en Caracas as súas memorias en 1976 co título Fuxidos. Memorias de un republicano gallego perseguido por el franquismo.

Ao seu regreso a Galicia foi elixido presidente do PSOE da Guarda en 1982. Tamén mercou os terreos que ocupaba a fosa común onde foran fusilados e soterrados os presos do Campo de concentración de Camposancos, e promoveu a construción dun monumento na súa memoria. Foi soterrado a carón da fosa común o 21 de decembro de 1988, trala súa morte dous días antes.

Vida persoal Casou con Dolores Domínguez Pacheco e tiveron varios fillos: Luis, Rodolfo, Óscar, Olga e Violeta. Un dos seus netos, Cheché Vidal, foi futbolista internacional coa selección de Venezuela.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados na Guarda Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Xornalistas da Guarda Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Venezuela