O Primeira División de Paraguai é a competición de máximo nivel da liga profesional de fútbol que se disputa en Paraguai, organizada pola Asociación Paraguaia de Fútbol.

A competición foi inaugurada en 1906 cos 5 equipos que existían daquela no país, por iniciativa do xornalista Adolfo Riquelme. Dende a tempada 1996 divídese en dous torneos, Apertura e Clausura, aínda que ó remate da tempada había unha final para definir cal era o único campión. Dende 2008 iso xa non é así, e cada torneo está considerado un título por si mesmo.

A liga paraguaia non é das mais poderosas dentro da Conmebol, pero algúns dos seus clubs teñen amosado un gran nivel en certas ocasións, facendo que os equipos da liga sexan respectados nas competicións continentais, chegando con frecuencia ás roldas finais eliminatorias en torneos como a Copa Libertadores e a Copa Suramericana. O club máis laureado na historia do campionato é o Club Olimpia (39 títulos), seguido do Club Cerro Porteño (28 títulos), ámbolos dous da cidade de Asunción.

Na actualidade 12 equipos disputan 2 torneos cada tempada, Apertura e Clausura. O torneo Apertura dispútase na segunda metade do ano, mentres que o torneo Clausura dispútase na primeira metade do seguinte ano. Cada torneo componse de 22 xornadas, é dicir, de dúas voltas nas que cada equipo xoga fronte ós restantes 11 equipos da liga. Equipos 2012

200px|miniatura|dereita|Estadio General Pablo Rojas. O formato do campionato divide a tempada en dous torneos, Apertura e Clausura, cada ún composto de 22 xornadas. Tanto o gañador do torneo Apertura como o gañador do torneo Clausura son considerados campións.

Os seguintes 12 equipos disputarán o torneo Apertura 2012: EquipoCidadeFundaciónEstadioCapacidadeCerro PorteñoAsunción1 de outubro de 1912General Pablo Rojas 32.000Cerro Porteño PFPresidente Franco10 de decembro de 1967Estadio Cerro Porteño 5.000GuaraníAsunción12 de outubro de 1903Rogelio Livieres6.000Independiente CGAsunción20 de setembro de 1925Ricardo Gregor1.500LibertadAsunción30 de xullo de 1905Dr. Nicolás Leoz10.000NacionalAsunción5 de xuño de 1904Arsenio Erico4.000OlimpiaAsunción25 de xullo de 1902Manuel Ferreira20.000Rubio ÑuAsunción24 de agosto de 1913La Arboleda5.500Sol de AméricaVilla Elisa22 de marzo de 1909Luis Alfonso Giagni5.000Sp. CarapeguáCarapeguá10 de febreiro de 2010Teniente Alcides González3.000Sp. LuqueñoLuque1 de maio de 1921Feliciano Cáceres28.000TacuaryAsunción10 de decembro de 1923Roberto Béttega7.000 O Estadio Defensores del Chaco, fogar da selección de Paraguai, acolle regularmente os encontros de máxima rivalidade, como son os que enfrontan a Club Olimpia e a Club Cerro Porteño, e nos últimos anos tamén Club Libertad e Club Guaraní. Palmarés O palmarés da liga está claramente dominado polos equipos da capital do país, Asunción. Só dous equipos teñen interrompido ese dominio en 4 ocasións. O Club Olimpia lidera o palmarés con 39 títulos, sendo ademais o equipo paraguaio con mellor palmarés nas competicións continentais, con 3 Copas Libertadores gañadas. O Club Cerro Porteño e o outro gran dominador desta competición, con 28 títulos. Nº TítulosEquipoCampionatos obtidos3920px|Asunción Club Olimpia1912, 1914, 1916, 1925, 1927, 1928, 1929, 1931. 1936, 1937, 1938, 1947, 1948, 1956, 1957, 1958, 1959, 1960, 1962, 1965, 1968, 1971, 1975, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1985, 1988, 1989, 1993, 1995, 1997, 1998, 1999, 2000, Cl-20112820px|Asunción Club Cerro Porteño1913, 1915, 1918, 1919, 1935, 1939, 1940, 1941, 1944, 1950, 1954, 1961, 1963, 1966, 1970, 1972, 1973, 1974, 1977, 1987, 1990, 1992, 1994, 1996, 2001, 2004, 2005, Ap-20091520px|Asunción Club Libertad 1910, 1917, 1920, 1930, 1943, 1945, 1955, 1976, 2002, 2003, 2006, 2007, Ap-2008, Cl-2008, Cl-20101020px|Asunción Club Guaraní1906, 1907, 1921, 1923, 1949, 1964, 1967, 1969, 1984, Ap-2010820px|Asunción Club Nacional1909, 1911, 1924, 1926, 1942, 1946, Cl-2009, Ap-2011220px|Luque Club Sp. Luqueño1951, 1953220px|Villa Elisa Club Sol de América1986, 1991120px|Asunción Club Pte. Hayes1952 Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da Asociación Paraguaia de Fútbol

Categoría:Ligas de fútbol de Paraguai Paraguai