Jean-Claude Camille François Van Varenberg, nado o 18 de outubro de 1960 en Berchem-Sainte-Agathe, Bruxelas, é un artista marcial e actor belga máis coñecido profesionalmente como Jean-Claude Van Damme famoso polos seus filmes de acción. Entre os seus filmes máis exitosos figuran Bloodsport (1988), Kickboxer (1989), Universal Soldier (1992), Hard Target (1993), Timecop (1994), Sudden Death (1995), JCVD (2008) e The Expendables 2 (2012).
Biografía Van Damme obtivo a súa primeira fama gañando unha serie de campionatos europeos de karate. A súa primeira aparición na pantalla e na película de 1984 Monaco Forever. Porén, o seu primeiro papel importante e na película de 1985 No Retreat, No Surrender, na que interpretaba a Ivan Krushensk, protagonizada tamén por Kurt McKinney. Foi contratado para interpretar o monstro en Predator. Vestir un traxe moi pesado na xungla era moi duro e Van Damme estaba descontento co seu papel. Non esta claro como deixou a película, algúns din que marchou, outros din que foi substituído cando foi revisado o personaxe. Van Damme di que se despediu intencionadamente para poder facer outras películas. O papel de Van Damme en Bloodsport valeulle un nomeamento como "Peor Nova Estrela" nos Golden Raspberry Awards de 1988 nos que perdeu.
Van Damme fixo o seu camiño primeira liña de Hollywood nos anos 90, acotío traballando con afamados directores estranxeiros. Filmes memorables inclúen Double Impact (1991), Universal Soldier (1992), Nowhere to Run (1993), Hard Target (1993), e o seu filme máis prezado pola crítica, Timecop (1994). Na maioría dos seus filmes, interpreta a un loitador, policía ou soldado.
A finais dos anos 90, a súa carreira comezou a decaer, con todo continuou facendo películas menores, a miúdo estreadas directamente en vídeo. As súas películas recadaron ó redor de 650 millóns de dólares en todo o mundo, dándolle un lugar no cinema de acción con outros coma Steven Seagal e Chuck Norris.
Tivo problemas coa cocaína e tamén se lle asume un trastorno bipolar. Casou cinco veces incluíndo dúas veces coa súa esposa actual Gladys Portugues.
No 1998, Van Damme e o seu antigo gardacostas Chuck Zito víronse envoltos nunha loita a puñadas nun bar de striptease de Nova York chamado Scores. Ao parecer, Van Damme dixo algo negativo sobre Zito mentres estaba borracho, e Zito enfrontóuselle e empezou a golpear ao seu xefe. Este suceso volveuse notorio nas noticias e resultou un escándalo para o actor.
Filmografía
Ano Título Papel Notas 1984 Monaco Forever Gay Karate Man 1984 Breakin' Espectador na primeira secuencia de danza Sen acreditar 1986 No Retreat, No Surrender Ivan Krushensky Tamén coñecido como Karate Tiger (Europa) 1987 Bloodsport Frank Dux Coreógrafo de loitaGuionistaMontaxe do filmePrimeiro filme con Bolo Yeung. 1988 Black Eagle Andrei 1989 Cyborg Gibson Rickenbacker Editor 1989 Kickboxer Kurt Sloane GuionistaTamén coñecido como Karate Tiger 3 (Europa) 1990 Death Warrant Louis Burke 1990 Lionheart Lyon Gaultier Coreógrafo de loitaGuionista 1991 Double Impact Alex Wagner/Chad Wagner ProdutorGuionistaSegundo traballo con Bolo Yeung 1992 Universal Soldier Luc Deveraux/GR44 Primeiro traballo con Dolph Lundgren. 1993 O derradeiro grande heroe El mesmo Cameo 1993 Nowhere to Run Sam Gillen 1993 Hard Target Chance Boudreaux 1994 Timecop Max Walker 1994 Street Fighter Coronel William F. Guile 1995 Sudden Death Darren McCord 1996 Maximum Risk Alain Moreau/Mikhail Suverov 1996 The Quest Christopher Dubois DirectorGuionista 1997 Double Team Jack Quinn 1998 Knock Off Marcus Ray 1998 Legionnaire Alain Lefevre GuionistaProdutor 1999 Universal Soldier: The Return Luc Devereaux Produtor 1999 Inferno Eddie Lomax Tamén coñecido como Desert HeatProdutor 2001 The Order Rudy Cafmeyer/Charles Le Vaillant Escritor 2001 Replicant Edward "The Torch" Garrotte/Replicant 2002 Derailed Jacques Kristoff 2003 In Hell Kyle LeBlanc 2004 Wake of Death Ben Archer 2004 Narco Pantasma de Jean 2006 The Hard Corps Phillip Sauvage 2006 Second in Command Sam Keenan 2006 The Exam Charles 2007 Until Death Anthony Stowe 2008 The Shepherd: Border Patrol Jack Robideaux Primeiro traballo con Scott Adkins. 2008 JCVD JCVD Produtor executivo 2009 Universal Soldier: Regeneration Luc Deveraux Segundo traballo con Dolph Lundgren.Primeiro traballo con Andrei Arlovski. 2011 Kung Fu Panda 2 Mestre Croc Voz 2011 Assassination Games Vincent Brazil 2011 Beur sur la ville Coronel Merot 2012 Rzhevskiy vs. Napoleon El mesmo 2012 Dragon Eyes Jean-Luis Tiano Primeiro traballo con Cung Le e Peter Weller. 2012 The Expendables 2 Jean Vilain Cuarto traballo con Scott Adkins e Dolph Lundgren. 2012 Universal Soldier: Day of Reckoning Luc Deveraux Terceiro traballo con Scott Adkins e Dolph Lundgren.Segundo traballo con Andrei Arlovski. 2012 Six Bullets Samson Gaul 2012 U.F.O. George 2013 Welcome to the Jungle Storm Rotchild 2013 Enemies Closer Xander 2014 The Expendables 3 Claude Vilain
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Nados en 1952 Categoría:Actores de cinema de Bélxica