Danilo Gallinari, nado o 8 de agosto de 1988 en Sant'Angelo Lodigiano, é un xogador italiano de baloncesto profesional que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional Italia Gallinari comezou a xogar profesionalmente no ano 2004 no Casalpusterlengo,Danilo Gallinari equipo da Serie B1 (terceira división italiana).

En 2005, Gallinari foi fichado polo Armani Jeans Milano. Estes o mandaron ao Edimes Pavia, equipo da segunda división italiana, durante a tempada 2005-06 para xogar moitos minutos e gañar experiencia. Tan só xogou a metade da tempada debido a unha lesión, pero no ano 2006 foi nomeado para o mellor xogador italiano da segunda división, onde fixo 14.3 puntos, 3.4 rebotes, 2.0 roubos e 0.8 asistencias por encontro en 17 partidos.

En 2006, foi rechamado polo AJ Milano para xogar a tempada 2006-07 con eles na primeira división, e na ULEB Eurocup, a segunda gran competición europea. Na súa primeira tempada, Gallinari foi nomeado coma o mellor xogador da liga de 22 anos ou menos, acadando 10.9 puntos, 4.0 rebotes, 1.7 roubos e 1.0 asistencias por partido en 34 encontros da liga regular, e 11.5 puntos, 3.7 rebotes, 2.1 roubos e 0.9 asistencias en 8 partidos de playoffs. Ademais, gañou o concurso de triplas do All-Star italiano en 2007.

Na súa derradeira tempada no Milano, na tempada 2007-08, fixo 17.5 puntos, 5.6 rebotes, 2.0 roubos e 1.3 asistencias por partido en 33 encontros da tempada regular, e 18.1 puntos, 6.5 rebotes, 1.8 roubos e 1.5 asistencias por partido en 8 encontros de playoffs.

NBA Gallinari foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 2008 polos New York Knicks, e asinou un contrato por dous anos co equipo.Knicks sign Gallinari

O 22 de febreiro de 2011, Gallinari foi traspasado aos Denver Nuggets nun traspaso a tres bandas, que incluíu tamén aos Minnesota Timberwolves, e que levou a Carmelo Anthony e a Chauncey Billups a Nova York.

Durante o lockout da NBA de 2011, volveu un tempo a Italia para xogar outra vez no Emporio Armani Milano.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Web Oficial de Danilo Gallinari Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados na provincia de Lodi Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Italia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Xogadores do Pallacanestro Pavia Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020