James Cook, nado o 27 de outubro de 1728 en Middlesbrough (Inglaterra) e finado o 14 de febreiro de 1779 en Hawai, foi un explorador, navegante e cartógrafo británico. Cook fixo mapas detallados das costas de Terra Nova antes de facer tres viaxes ao océano Pacífico, nos que logrou explorar as principais illas desta rexión. Entre outros, foi o primeiro europeo en explorar a costa oriental de Australia e as illas Hawai e fixo a primeira circunnavegación de Nova Zelandia.

James Cook entrou na mariña mercante británica cando era adolescente e en 1755 alistouse na Royal Navy (Armada Real británica) onde alcanzaria o rango de capitán. Participou na guerra dos Sete Anos, e posteriormente estudou e mapeou gran parte da entrada do río San Lourenzo durante o asedio do Quebec. Isto permitiu que o xeneral Wolfe puidese executar con éxito o seu ataque ás Chairas de Abraham, este feito fixo prestar a atención do Almirantado Británico e a Real Sociedade cara a Cook. Este feito produciuse nun momento crucial, tanto na súa carreira persoal como na dirección da exploración británica de ultramar. Deste xeito, en 1766 partiu como comandante do HMB Endeavour para o primeiro dos seus tres viaxes polo océano Pacífico.

Cook cartografou moitas áreas e rexistrou varias illas e zonas costeiras nos mapas europeos por primeira vez. Os seus resultados poden ser asignados a unha combinación de navegación, superior levantamento cartográfico e competencias, o valor en explorar lugares perigosos para confirmar os feitos (por exemplo, a inmersión no Círculo polar antártico repetidamente e explorar arredor da Gran Barreira de Coral), unha capacidade de dirixir os homes en condicións adversas, e ousadía, tanto en relación á medida da súa explotación e a súa vontade de superar as instrucións dadas a el polo Almirantado.

Un feito de suma importancia na primeira viaxe foi que ningún home da súa tripulación morreu de escorbuto, afección que había decimado moitas expedicións marítimas anteriores. Isto debeuse a unha especial preocupación de Cook para mellorar as condicións de hixiene e a dieta dos seus subordinados durante a viaxe, no que incluíu os cítricos como preventivos da enfermidade, segundo un descubrimento do médico inglés James Lind.James Lind. A treatise of the scurvy, 1753.

En 1779, durante a terceira viaxe exploratoria de Cook polo Pacífico, agraváronse as tensións entre os seus homes e os nativos de Hawai, e un intento de secuestro do xefe Kalaniʻōpuʻu desembocou na morte de Cook. Existe controversia sobre o papel de Cook como propiciador do colonialismo británico e a violencia asociada a algúns dos seus contactos cos pobos indíxenas. Deixou un legado de coñecementos científicos e xeográficos que influíu nos seus sucesores ata ben entrado o século XX, e dedicáronselle numerosos monumentos en todo o mundo. Así mesmo abriu o camiño das exploracións científicas e antropolóxicas, e das grandes viaxes de navegación. Traxectoria Vida temperá e familia James Cook naceu o 7 de novembro de 1728 (NS) no pobo de Marton no North Riding of Yorkshire e foi bautizado o 14 de novembro (N.S.) na igrexa parroquial de St Cuthbert, onde pode verse o seu nome no rexistro da igrexa. Foi o segundo dos oito fillos de James Cook (1693-1779), un granxeiro escocés de Ednam en Roxburghshire, e a súa esposa, Grace Pace (1702-1765), nacida na localidade de Thornaby-on-Tees. En 1736, sendo pícaro mudouse xunto coa familia á granxa de Airey Holme, en Great Ayton, onde o patrón do seu pai, Thomas Skottowe, pagoulle os estudos na escola local. En 1741, tras cinco anos de escolarización, comezou a traballar para o seu pai, que fora ascendido a administrador da granxa. A pesar de non recibir unha educación formal, adquiriu coñecementos de matemáticas, astronomía e aprendeu el só cartografía na época da súa viaxe no Endeavour. Para o lecer, subía a un outeiro próximo, Roseberry Topping, gozando da oportunidade da soidade. Cooks' Cottage, a última casa dos seus pais, que probablemente visitou, atópase agora en Melbourne, Australia, tras ser trasladada desde Inglaterra e reconstruída, ladrillo a ladrillo, en 1934.

En 1745, cando tiña 16 anos, Cook trasladouse 20 km ata o pobo pesqueiro de Staithes, para ser aprendiz de tendeiro na mercería de William Sanderson. Os historiadores especularon que foi aquí onde Cook sentiu por primeira vez a atracción do mar mentres miraba polo escaparate.

Ao cabo de 18 meses, ao non resultar axeitado para o traballo na tenda, Cook viaxou á próxima cidade portuaria de Whitby para ser presentado a uns amigos de Sanderson, John e Henry Walker. Os Walker, que profesaban a relixión dos cuáqueros, foron destacados armadores locais no comercio do carbón. Cook foi contratado polos Walker como aprendiz da mariña mercante na súa pequena frota de buques que transportaban carbón ao longo da costa inglesa. O seu primeiro destino foi a bordo do collier Freelove, e pasou varios anos neste e outros buques costeiros, navegando entre o río Tyne e Londres. Como parte da súa aprendizaxe, Cook aplicouse nos estudos da álxebra, da xeometría, da trigonometría, da navegación marítima e da astronomía, habilidades que necesitaría algún día para comandar o seu propio barco.

Tras tres anos de aprendizaxe, Cook comezou a traballar en buques mercantes no mar Báltico. Tras aprobar os seus exames en 1752, non tardou en ascender na mariña mercante, empezando pola súa promoción ese mesmo ano a oficial a bordo do bergantín Friendship. En 1755, un mes despois de que lle ofrecesen o mando deste buque, alistouse voluntario na Royal Navy, cando Gran Bretaña estábase rearmando para o que sería a Guerra dos Sete Anos e que acabaría afectando a media Europa e ás súas colonias en América e Asia. A pesar da necesidade de empezar desde abaixo na xerarquía naval, Cook deuse conta de que a súa carreira avanzaría máis rapidamente no servizo militar e ingresou na Mariña en Wapping o 17 de xuño de 1755. miniatura|upright|Elizabeth Cook, esposa e durante 56 anos viúva de James Cook, por William Henderson, 1830 Cook casou con Elizabeth Batts, filla de Samuel Batts, un dos seus mentores, dono da posada Bell Inn de Wapping onde el se hospedaba o 21 de decembro de 1762 na igrexa de St Margaret en Barking, Essex. A parella tivo seis fillos: James (1763-1794), Nathaniel (1764-1780, perdido a bordo do que naufragou nun furacán nas Indias Occidentais), Elizabeth (1767-1771), Joseph (1768-1768), George (1772-1772) e Hugh (1776-1793, que morreu de escarlatina cando estudaba no Christ's College de, Cambridge). Cando non estaba no mar, Cook vivía no East End de Londres. Acudía á igrexa de San Paulo, en Shadwell, onde foi bautizado o seu fillo James. Cook non ten descendencia directa: todos os seus fillos morreron antes de ter descendencia propia.

Inicio da carreira na Royal Navy O primeiro destino de Cook foi o , servindo como mariño e oficial maior ás ordes do capitán Joseph Hamar durante o seu primeiro ano a bordo, e do capitán Hugh Palliser a partir de entón. En outubro e novembro de 1755, participou na captura dun buque de guerra francés e no afundimento doutro, tras o cal foi ascendido a contramestre, ademais de desempeñar outras funcións. O seu primeiro mando temporal foi en marzo de 1756, cando foi brevemente capitán do Cruizer, un pequeno cúter encostado ao Eagle mentres patrullaba.

En xuño de 1757 Cook aprobou formalmente os seus exames de mestre no Trinity House, Deptford, o que o habilitaba para navegar e manexar un barco da frota do Rey. A continuación incorporouse á fragata HMS Solebay como mestre ás ordes do capitán Robert Craig.

O primeiro destino de Cook foi o , servindo como mariño e oficial maior ás ordes do capitán Joseph Hamar durante o seu primeiro ano a bordo, e do capitán Hugh Palliser a partir de entón. En outubro e novembro de 1755, participou na captura dun buque de guerra francés e no afundimento doutro, tras o cal foi ascendido a contramestre, ademais de desempeñar outras funcións. O seu primeiro mando temporal foi en marzo de 1756, cando foi brevemente capitán do Cruizer, un pequeno cúter encostado ao Eagle mentres patrullaba.

Terra Nova Durante a Guerra dos Sete Anos, Cook serviu en América do Norte como capitán a bordo do navío de cuarta clase o buque da Armada . Xunto con outros membros da tripulación do Pembroke, participou no gran asalto anfibio que capturou a fortaleza de Louisbourg aos franceses en 1758, e no asedio da cidade de Quebec en 1759. Ao longo do seu servizo demostrou talento para a topografía e a cartografía e foi responsable de cartografar gran parte da entrada ao río San Lourenzo durante o asedio, permitindo así o xeneral Wolfe realizar o seu famoso ataque furtivo durante a batalla das chairas de Abraham de 1759.

A capacidade topográfica de Cook tamén se puxo ao servizo da cartografía da escarpada costa de Terra Nova na década de 1760, a bordo do . Recoñeceu o tramo noroeste entre 1763 e 1764, a costa sur entre a península de Burin e cabo Ray entre 1765 e 1766, e a costa oeste en 1767. Nesta época, Cook empregou a prácticos locais para que lle sinalasen as "rochas e perigos ocultos" ao longo das costas sur e oeste. Durante a tempada de 1765, contratou a catro pilotos cunha paga diaria de 4 xilins cada un: John Beck para a costa oeste de "Gran San Lourenzo", Morgan Snook para Fortune Bay, John Dawson para Connaigre e baía Hermitage, e John Peck para a "baía de Despair".

Durante a súa estancia en Terra Nova, Cook tamén realizou observacións astronómicas, en particular da eclipse de sol do 5 de agosto de 1766. Ao obter unha estimación precisa da hora de inicio e fin da eclipse, e comparala cos tempos nunha posición coñecida en Inglaterra, foi posible calcular a lonxitude do lugar de observación en Terra Nova. Este resultado comunicouse á Royal Society en 1767.

As súas cinco tempadas en Terra Nova produciron os primeiros mapas precisos e a gran escala das costas da illa e foron os primeiros levantamentos hidrográficos científicos a gran escala que utilizaron a triangulación precisa para establecer os contornos terrestres. Tamén lle proporcionaron a Cook o seu dominio da topografía práctica, logrado en condicións a miúdo adversas, e chamáronlle a atención do Almirantado e da Royal Society nun momento crucial tanto na súa carreira como na dirección dos descubrimentos británicos de ultramar. Os mapas de Cook utilizáronse ata o século XX, e durante 200 anos os navegantes das augas de Terra Nova consultaron copias deles.

Por mor dos seus esforzos en Terra Nova, Cook escribiu que tiña a intención de ir non só "máis lonxe do que ningún home foi antes que eu, senón tan lonxe como creo que é posible que un home vaia".

Primeira viaxe (1768-1771) O 25 de maio de 1768 o Almirantado encargoulle a Cook unha viaxe científica ao océano Pacífico. O propósito da viaxe era observar e rexistrar o tránsito de Venus por diante do Sol de 1769 que, combinado con observacións doutros lugares, axudaría a determinar a distancia da Terra ao Sol. Cook, aos 39 anos, foi ascendido a tenente de navío para outorgarlle o rango suficiente para asumir o mando. Pola súa banda, a Royal Society acordou que Cook recibiría unha gratificación de cen guineas ademais da súa paga naval. miniatura|upright|Ruta da primeira viaxe de James Cook (1768-1771)