O Deportivo Saprissa é un club profesional de fútbol da localidade de Tibás, San José, fundado o 16 de xullo de 1935, que compite no torneo da Primeira División de Costa Rica.
Trátase dun dos clubs máis laureados do continente americano, con 29 campionatos de liga (récord), 5 Copas Interclubs da UNCAF (récord) e 3 Ligas de Campións da CONCACAF. Por todo iso, a IFFHS elixiu o Deportivo Saprissa como mellor equipo do século XX da Concacaf, por diante doutros grandes equipos mexicanos ou norteamericanos. En 2005 acadou o 3º posto nesa edición da Copa Mundial de Clubs da FIFA, feito que non foi igualado por ningún outro equipo da Concacaf até a actualidade.
O seu nome deriva dun dos seus fundadores: Ricardo Saprissa (1901-1990), un destacado xogador de fútbol (xogou 10 anos no RCD Espanyol) e de tenis (representou a España na Copa Davis e nos Xogos Olímpicos de 1924). En 1931 foi chamado polo seu irmán Rogelio para que o axudase na creación dun negocio téxtil en San José (Costa Rica), e Ricardo Saprissa marchou cara a aló. Cando en 1935 algúns veciños da cidade quixeron crear un novo equipo, decidiron que ese equipo se chamase Saprissa FC coa idea de que el o patrocinase, cousa que accedeu a facer. Dende 1935 até 1981 el foi o presidente do club.
O Deportivo Saprissa xoga os seus encontros como local no Estadio Ricardo Saprissa, situado 3'5 quilómetros ó norte do centro da cidade de San José. O estadio foi inaugurado o 27 de agosto de 1972, e ten capacidade para acoller a 23 112 seareiros nas súas bancadas. Este recinto recibe o alcume de "A Cova do Monstro". A Selección de fútbol de Costa Rica ten xogado neste estadio mais encontros que en ningún outro estadio.
O club mantén unha intensa rivalidade co LD Alajuelense e co Club Sport Herediano. Palmarés Continental Liga de Campións da CONCACAF (3) = 1993, 1995, 2005 Subcampionatos (2) = 2004, 2008 Copa Interclubs da UNCAF (5) = 1972, 1973, 1978, 1998, 2003 Subcampionatos (7) = 1971, 1974, 1996, 1997, 2001, 2004, 2007 Copa Interamericana (0) = - Subcampionatos (2) = 1994, 1997 Nacional Primeira División de Costa Rica (29) = 1952-53, 1953-54, 1957-58, 1962, 1964-65, 1965-66, 1967-68, 1968-69, 1969, 1972,1973, 1974, 1975-76, 1976, 1977-78, 1982, 1988-89, 1989-90, 1993-94, 1994-95, 1997-98, 1998-99, 2003-04, 2005-06, 2006-07, I-2007, V-2008, I-2008, V-2010 Subcampionatos (15) = 1950, 1955-56, 1958, 1959, 1961, 1963, 1966-67, 1970, 1971, 1984-85, 1991, 1992, 1996-97, 1999-00, 2002-03 Xogadores 350px|miniatura|dereita|A "Ultra Morada" é o grupo organizado de seareiros do Dep. Saprissa.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Deportivo Saprissa