Klas Pontus Arnoldson, nado en Gotemburgo o 27 de outubro de 1844 e finado en Estocolmo o 20 de febreiro de 1916, foi un político, xornalista e pacifista sueco, galardoado co premio Nobel da Paz en 1908.
Traxectoria Tras traballar durante dez anos nos ferrocarrís suecos, foi electo membro do Parlamento (Riksdag). Ao longo do seu mandato (1882-1887) traballou por lograr unha neutralidade permanente nos países escandinavos.
En 1883 fundou a Sociedade Sueca pola Paz e a Arbitraxe, onde ocupou o cargo de secretario durante varios anos. Debido a isto, así tamén pola súa participación nos esforzos para evitar a guerra con Noruega en 1905, compartiu en 1908 o premio Nobel da Paz co danés Fredrik Bajer.
En 1900 escribiu A esperanza dos séculos en relación cos adiantos obtidos a favor da paz.
Véxase tamén Ligazóns externas
Nobel Committee information on 1908 Peace laureates Klas Arnoldson at Find-A-Grave
Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Políticos de Suecia Categoría:Nados en Gotemburgo Categoría:Nados en 1844 Categoría:Finados en 1916 Categoría:Premios Nobel de Suecia