Alfonso Costoya Rodríguez, nado en Valga en 1975, é un árbitro de fútbol galego.
Traxectoria En 1993 comeza facendo o papel de xuíz de liña en Terceira División Española e consecutivamente vai pasando a Segunda B, Segunda e en 2000 debuta en Primeira División. Leva dende entón once temporadas como árbitro asistente nas bandas na máxima categoría do fútbol español, e tamén ten arbitrado partidos internacionais entre seleccións UEFA, como un encontro Turquía-Malta de 2006, cualificatorio para a Eurocopa de 2008Ficha do encontro Turquía-Malta, Web da UEFA..
Durante moitos anos foi o asistente do tamén galego Bernardino González Vázquez, ata a retirada deste.
Notas
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Valga Categoría:Árbitros de fútbol de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes