"Little Lion Man" é unha canción e o sinxelo debut do cuarteto londiniense de folk Mumford & Sons, extraído do seu álbum debut, Sigh No More. Publicouse no Reino Unido o 11 de agosto de 2009.

A canción foi candidata para Mellor Canción Rock na quincuaxésima terceira edición dos Premios Grammy, no 2011.Mumford & Sons 'Over The Moon' At Double Grammy Nod Billboard Consultado o 21 de xaneiro de 2012BBC - 6 music News - Mumford's Grammy nod BBC Radio Consultado o 21 de xaneiro de 2012.

En outubro de 2011, NME colocouna de número 43 na lista das "150 mellores cancións dos últimos 15 anos".http://www.nme.com/list/150-best-tracks-of-the-past-15-years/248648/page/11

A canción inclúe a verba "fucked" no seu refrán. Nalgunhas versión é substituída por "messed" mentres que noutras é eliminada.

Composición O cantante Marcus Mumford dixo sobre a canción: "É unha historia moi persoal, así que non a escarvarei moito. Chega con dicir que foi unha situación da miña vida da que non me sinto nin feliz nin orgulloso... e ás veces, cando non dás descrito un sentimento coas palabras, é case máis sinxelo expresalo cunha canción. E logo, cando me preguntas pola canción, éme bastante difícil explicala. É unha adiviña - non queres parecer autoindulxente explicándote a ti mesmo; é sempre incómodo. O cal é tamén estraño, pois non é nunca incómodo cantala. Supoño que a canción debería ser ela mesma e que a xente tire as súas propias interpretacións da letra. Pero para min, persoalmente, é a letra o que escoito unha e outra vez da canción. Doulle unha importancia específica a ela. Non podo escribir as letras a menos que as sinta e teñan sentido, o que, ás veces, é bastante frustrante...”

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Mumford & Sons - "Little Lion Man" | Glastonbury 2011 no YouTube.

Categoría:Sinxelos de 2009 Categoría:Cancións de Mumford & Sons