John Marshall "Wattie" Watson, MBE, nado en Belfast o 4 de maio de 1946 é un expiloto de carreiras de Irlanda do Norte. Competiu en Fórmula Un, gañando cinco grandes premios e tamén o Campionato Mundial de Resistencia.

Inicios na Fórmula Un Educado en Rockport School, Irlanda do Norte, Watson comezou a súa carreira na Fórmula Un na tempada de pilotando para Goldie Hexagon Racing nunha carreira fóra de campionato: a World Championship Victory Race, en Brands Hatch nun vello March- Cosworth 721."1972 Non-World Championship Grands Prix" A primeira proba de Watson no Campionato do Mundo foi na tempada , na que só correu no GP do Reino Unido, onde pilotou un Brabham-Ford BT37 e no Gran Premio dos Estados Unidos, onde pilotou o terceiro Brabham BT42, e non foi particularmente exitoso. No GP do Reino Unido, quedou sen combustible na volta 36 e no GP dos Estados Unidos, o seu motor fallou logo de só sete voltas.

Watson anotou o seu primeiro punto en Monte Carlo pilotando un Goldie Hexagon Racing. Chegou a anotar un total de seis puntos na tempada, conducindo un Brabham BT42-Ford modificado polo equipo.Henry, Alan (1985) "Brabham, the Grand Prix Cars" p. 143 - 145 Osprey ISBN 0-905138-36-8 Non puido sumar puntos o ano seguinte, pilotando para Equipo Surtees, Team Lotus e Penske.

Primeira vitoria

Obtivo o seu primeiro podio co terceiro lugar no Gran Premio de Francia de 1976. Esa mesma tempada acadou a súa primeira vitoria, pilotando un Penske-Ford no Gran Premio de Austria, despois de cualificar segundo na grella. Logo da carreira se afeitou a barba, resultado dunha aposta co dono do equipo Roger Penske.

O inicio da tempada de Fórmula Un de foi desastroso para Watson. Na terceira carreira, o Gran Premio de Suráfrica, logrou un punto e a súa primeira volta rápida. Desafortunadamente a carreira viu a morte do piloto Tom Pryce e do comisario de pista Jansen Van Vuuren. O seu Brabham - Alfa Romeo falloulle durante toda a tempada pero, a pesar diso, arranxousellas para dar espectáculos impresionantes. Gañou a súa primeira pole position no Gran Premio de Mónaco e cualificou no top ten non menos de 14 veces, a miúdo nas dúas primeiras filas. Pero o destino quixo que os problemas co coche, os accidentes e as descualificacións só lle permitiran acabar cinco das 17 carreiras. O máis cerca que chegou a estar da vitoria foi no Gran Premio de Francia, onde dominou a carreira desde o principio, pero un problema de medición de combustible, relegouno na última volta ao segundo posto por detrás do gañador final Mario Andretti.

En , Watson logrou unha tempada máis exitosa en termos de finalizacións de carreiras, aínda que por detrás tanto nas clasificacións e nas carreiras do seu compañeiro de equipo Niki Lauda. Logrou tres podios e unha pole, anotando 25 puntos.

Marcha a McLaren thumb | right | 300px | Watson pilotando o McLaren MP4 / 1 En , Watson fichou por McLaren, e lles deu a súa primeira vitoria en máis de tres anos ao gañar o Gran Premio de Gran Bretaña de 1981, e tamén foi a primeira vitoria dun coche de Fórmual 1 co monocasco de fibra de carbono, o McLaren MP4 / 1. O seu ano máis exitoso foi , cando terminou terceiro no campionato de pilotos, gañando dous Grandes Premios. Foi coñecido polas súas asombrosas remontadas desde a parte de atrás da grella. En Detroit en , superou a tres autos nunha intensa volta, nunha pista estreita, revirada, na que supostamente era imposible pasar, e partindo da 17ª posición da grella, logrou a vitoria. Un ano máis tarde en , repetiu a fazaña no Gran Premio de Long Beach, outro circuíto urbano, partindo do 22º posto na grella, o posto máis atrás no que nun moderno Gran Premio un piloto chegara nunca a gañar unha carreira. A vitoria final de Watson inclúe tamén unha loita pola posición co seu compañeiro de equipo Niki Lauda, que comezara o 23 de carreira.

Ao final da tempada de con todo, foi relegado por McLaren e posteriormente retirouse da Fórmula Un. Volveu dous anos máis tarde, pilotando un McLaren en lugar do lesionado Niki Lauda no Gran Premio de Europa de 1985 en Brands Hatch, na que logrou o sétimo posto. Watson correu co dorsal habitual de Lauda o nº "1". Esta foi a segunda ocasión desde 1973 (cando comezou o sistema numérico actual da Fórmula 1) que un piloto que non fora o vixente Campión do Mundo competira co coche número 1 nunha carreira do Campionato do Mundo, sendo o outro Ronnie Peterson cando comezou o sistema, xa que o vixente campión do mundo Jackie Stewart retirouse á conclusión da tempada 1973.

Carreira en coches deportivos

En 1984, Watson volveu as carreiras de coches deportivos, en particular, acompañou a Stefan Bellof na vitoria nos 1000 km de Fuji durante o ano que Bellof gañou o campionato. Watson tamén terminou segundo no Campionato Mundial de Resistencia de 1987 xunto con Jan Lammers nun Silk Cut Jaguar, cando gañou un total de tres carreiras do campionato (Xarama, Monza e Fuji). Watson tamén participou nas 24 Horas de Le Mans sete veces ao longo da súa carreira, terminou 11º, o seu mellor posto, en 1990.

Outros traballos

Logo de retirarse da competición activa, traballou como comentarista de televisión, dirixiu unha escola de pilotos en Silverstone e unha pista de carreiras. Tamén foi o primeiro home en pór a proba un Jordan de Fórmula Un en .

De 1990 a 1996 traballou como comentarista da Fórmula Un en Eurosport xunto a Richard Nicholls de (1990-1992), Allard Kalff de (1992-1994) e Ben Edwards de (1995-1996). O último Gran Premio que transmitiu en vivo no Reino Unido para Eurosport foi o GP do Xapón en 1996. Os contratos para as transmisións en vivo da Fórmula 1 foron trasladados ás canles de televisión privadas no ano 1997. En 1997, Watson traballou como comentarista da Fórmula Un para ESPN.

De 1998 a 2001 foi compañeiro de Charlie Cox comentando o Campionato Británico de Turismos para a BBC.

Durante a tempada de F1, John foi comentarista na canle de pago de Sky Sports F1+ (alcumado Bernie Vision) xunto a Ben Edwards. Pero era bastante impopular e foi despedido na tempada 2003.

Watson comentou nalgunhas roldas do campionato da FIA de GT1 e GT3 en 2010.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Pts. Ceramica Pagnossin Team MRD Brabham BT37 Ford Cosworth DFV V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA RURet NED ALE AUT ITA CAN NC 0 Brabham BT42 Ford Cosworth DFV V8 USARet Goldie Hexagon Racing Brabham BT42 Ford Cosworth DFV V8 ARX12 BRARet RSARet ESP11 BEL11 MON6 SWE11 NED7 FRA16 RU11 15º 6 Brabham BT44 Ford Cosworth DFV V8 ALERet AUT4 ITA7 CANRet USA5 Team Surtees Surtees TS16 Ford Cosworth DFV V8 ARXDSC BRA10 RSARet ESP8 MONRet BEL10 SWE16 NEDRet FRA13 RU11 AUT10 ITA NC 0 John Player Team Lotus Lotus 72F Ford Cosworth DFV V8 ALERet Penske Cars Penske PC1 Ford Cosworth DFV V8 USA9 Citibank Team Penske Penske PC3 Ford Cosworth DFV V8 BRARet RSA5 USWNC ESPRet BEL7 MON10 7º 20 Penske PC4 SWERet FRA3 RU3 ALE7 AUT1 NEDRet ITA11 CAN10 USA6 XPNRet Martini Racing Brabham BT45 Alfa Romeo 12 liña ARXRet BRARet RSA6 USWDSC ESPRet MONRet BELRet SWE5 FRA2 RURet ALERet AUT8 NEDRet ITARet USA12 CANRet XPNRet 13º 9 Parmalat Racing Team Brabham BT45 Alfa Romeo 12 liña ARXRet BRA8 6º 25 Brabham BT46 Alfa Romeo 12 liña RSA3 USWRet MON4 BELRet ESP5 FRA4 RU3 ALE7 AUT7 NED4 ITA2 USARet CANRet Brabham BT46B Alfa Romeo 12 liña SWERet Marlboro Team McLaren McLaren M28 Ford Cosworth DFV V8 ARX3 BRA8 RSARet USWRet ESPRet BEL6 MON4 FRA11 9º 15 McLaren M29 Ford Cosworth DFV V8 RU4 ALE5 AUT9 NEDRet ITARet CAN6 USA6 Marlboro Team McLaren McLaren M29B Ford Cosworth DFV V8 ARXRet BRA11 RSA11 11º 6 McLaren M29C Ford Cosworth DFV V8 USW4 BELNC MONDNQ FRA7 RU8 ALERet AUTRet NEDRet ITARet CAN4 USANC Marlboro McLaren International McLaren M29F Ford Cosworth DFV V8 USWRet BRA8 6º 27 McLaren MP4 Ford Cosworth DFV V8 ARXRet SMR10 BEL7 MONRet ESP3 FRA2 RU1 ALE6 AUT6 NEDRet ITARet CAN2 CPL7 Marlboro McLaren International McLaren MP4B Ford Cosworth DFV V8 RSA6 BRA2 USW6 SMR BEL1 MONRet DET1 CAN3 NED9 RURet FRARet ALERet AUT9 SUI13 ITA4 CPL2 3º 39 Marlboro McLaren International McLaren MP4/1C Ford Cosworth DFV V8 BRARet USW1 FRARet SMR5 MONNSC BELRet DET3 CAN6 RU9 ALE5 AUT9 NED3 6º 22 McLaren MP4/1E TAG V6t ITARet EURRet RSADSC Marlboro McLaren International McLaren MP4/2B TAG V6t BRA POR SMR MON CAN DET FRA RU ALE AUT NED ITA BEL EUR7 RSA AUS NC 0

Resultados en carreiras de Fórmula Un non de campionato Carreiras en italica indican volta rápida Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 1972 Goldie Hexagon Racing March 721 Ford V8 ROC BRA INT OUL REP VIC6 1973 Ceramica Pagnossin Team MRD Brabham BT42 Ford V8 ROCRet INT 1975 Team Surtees Surtees TS16 Ford V8 ROC2 INT4 SUI5 1977 Martini Racing Brabham BT45 Alfa Romeo F12 ROC3 1980 Marlboro Team McLaren McLaren M29B Ford V8 ESPRet 1981 Marlboro McLaren International McLaren M29F Ford V8 RSA5 1983 Marlboro McLaren International McLaren MP4/1C Ford V8 ROCRet

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de McLaren Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Penske Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lotus Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Brabham Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Irlanda do Norte Categoría:Nados en Belfast Categoría:Nados en 1946