Javier Valcarce Ocampo, nado en Lugo e finado na Coruña o 27 de febreiro de 1922, foi un avogado, escritor e xornalista galego.

Traxectoria miniatura|La redención de los foros, 1907, con prólogo de Augusto González Besada. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e colaborou en El Estudiante e El Tricornio, que chegou a dirixir. En outubro de 1883 escribiulle a Rosalía de Castro para incluír neste xornal fragmentos de Cantares gallegos. Foi tamén redactor de El Eco de Santiago e Gaceta de Galicia.

Tras pasar por Mugardos, Cuenca, León e Santiago, instalouse en Pontevedra, onde era oficial do Goberno Civil,Faro de Vigo, 23 de agosto de 2018. colaborou en Diario de Pontevedra, El Ciclón, Galicia Recreativa e El Ángel del Hogar, usando en ocasións os pseudónimos Ervija,Diario de Pontevedra, 13 de decembro de 1900, p. 2. Juan José e Un xeiteiro.El Áncora, 28 de febreiro de 1903, p. 2. En 1907 publicou La redención de foros, dedicado a Eduardo Vincenti e cun prólogo de Augusto González Besada, que gañou o Certamen Social y Literario de Pontevedra, convocado pola Asociación Protectora del Obrero, e que serviu como liña táctica para os inicios da loita agraria do Directorio de Teis.

Trasladouse despois a Palencia (1911) e finalmente á Coruña onde foi oficial primeiro do concello, funcionario do Goberno Civil e colaborou en El Ideal Gallego coa sección "Prosas rimadas" asinando co pseudónimo Pifartos.El Progreso, 2-3-1922, p. 2.

Obras Teatro miniatura|page=3|Soledad, drama lírico de costumbres gallegas en dos actos y en verso, 1908. Luchar con el corazón, 1884. El gran proyecto, 1888. Pontevedra en el siglo XX, 1891. Siluetas, 1893. Palique, 1901. Una noche en el infierno, 1906. Soledad, 1908.

Narrativa María

Poesía Flores de espino, 1900.

Ensaio La redención de foros, 1907.

Vida persoal

Casou con Camila García Gallego e foi pai de María Valcarce García e do tamén escritor Javier Valcarce García. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Artigos de Javier Valcarce na Hemeroteca da RAG

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lugo

Categoría:Finados en 1922 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en ano descoñecido