FORTE (acrónimo de Fast On-orbit Recording of Transient Events) é un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 29 de agosto de 1997 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea.
Características A misión de FORTE é facer medicións de radioemisións provenientes da superficie terrestre para verificar que se cumpren os tratados de prohibición de ensaios nucleares.
A estrutura básica do satélite está feita dun composto de grafito e epoxi e pesa só 41 kg. FORTE leva unha antena despregable de 10 m de longo, varios magnetómetros, un sensor de horizonte terrestre, un volante de inercia e unha barra de torque magnético.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de FORTE
Categoría:Satélites artificiais