The Mists of Avalon é un telefilme estadounidense dirixido por Uli Edel que se estreou no 2001. Baséase na novela The Mists of Avalon de Marion Zimmer Bradley. Foi producido pola canle americana TNT.

Sinopse Historia na que se amosa como a vida do mítico Rei Artur estivo sempre marcada por diferentes mulleres que o influíron dende a súa infancia, sendo a súa tía, gran sacerdotisa da illa de Avalon, o reino das fadas. Este feito marcaría o seu destino.

Personaxes Anjelica Huston como Viviane Julianna Margulies como Morgana Joan Allen como Morgause Samantha Mathis como Xenevra Caroline Goodall como Igraine Edward Atterton como Rei Artur Michael Vartan como Lanzarote do Lago Michael Byrne como Merlín Hans Matheson como Mordred Mark Lewis Jones como Uther Pendragon Clive Russell como Gorlois Biddy Hodson como Elaine Ian Duncan como Accolon Tamsin Egerton como Morgana de nena Freddie Highmore como Artur de neno

Véxase tamén Outros artigos Listaxe de filmes baseados na lenda artúrica

Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Uli Edel Categoría:Filmes rodados na República Checa