FUSE (acrónimo de Far Ultraviolet Spectroscopic Explorer), tamén coñecido como Explorer 77, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 24 de xuño de 1999 mediante un foguete Delta II 7320 desde Cabo Cañaveral.
Características FUSE é o satélite número 77 do programa Explorer. É un observatorio espacial adicado a observar no ultravioleta remoto, no rango de lonxitudes de onda entre 90,5 e 119,5 nanómetros, principalmente para obter espctros de alta resolución.
O satélite ten unha lonxitude duns 7,6 metros de longo e leva catro telescopios coaliñados e cunha apertura de 39 cm x 35 cm.
FUSE foi deseñado para ter unha vida operativa de tres anos, que foi ampliada posteriormente. Tódolos volantes de inercia do satélite foron fallando sucesivamente, ata que o último deixou de funcionar o 12 de xullo de 2007, impedindo un apuntado preciso dos telescopios e por tanto poñendo fin á misión científica.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de FUSE
Categoría:Programa Explorer