O distrito de Mukono é un distrito da Rexión Central de Uganda, que, como a maioría dos outros distritos, chámase así debido á súa poboación capital, Mukono.

Limita co distrito de Kayunga polo norte, co distrito de Buikwe polo leste, coa República de Tanzania polo sur, co distrito de Kalangala polo suroeste, co distrito de Wakiso polo oeste e co distrito de Luweero polo noroeste.

O distrito orixinalmente abranguía os condados do reino de Buganda de Kyaggwe, Bugerere e Buvuma. En decembro do ano 2000, Bugerere constituíse como distrito de Kayunga. En xullo do 2010, Buvuma tornouse distrito, o distrito de Buvuma. A parte oriental de Kyaggwe tamén se particionou para integrase no distrito de Buikwe.

Segundo o censo do ano 2002, o distrito tiña unha poboación dunhas 423.100 persoas.

O distrito posúe un clima que o provén de abundantes choivas e unha rica flora e fauna. Alén de estar próximo a áreas urbanas (Mukono está a 27 km de Kampala), ten os atraentes turísticos do lago Vitoria e as cataratas de Sezibwa, do río Sezibwa.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Google Map de Mukono District

Mukono