Mehmet Murat Okur, nado o 26 de maio de 1979 en Yalova, é un ex xogador turco de baloncesto profesional.

Traxectoria deportiva NBA Okur foi seleccionado na 37ª posición do Draft da NBA polos Detroit Pistons.Draft Profile: Mehmet Okur Consultado o 18 de febreiro de 2007 Xogou dúas tempadas en Detroit, onde gañou un campionato da NBA na tempada 2003-04, e converteuse no primeiro xogador turco en gañar a NBA.

Debido ás limitacións salariais dos Pistons, non puideron ofrecerlle un bo contrato, e asinou cos Utah Jazz un contrato por cinco anos. Xogou os 82 partidos nas dúas primeiras tempadas cos Jazz, e na terceira, seguiu sendo unha peza moi importante do equipo de Utah. O 12 de xaneiro de 2009, conseguiu a maior anotación da súa carreira, ó anotar 43 puntos contra os Indiana Pacers.

O 22 de decembro de 2011, Okur foi traspasado aos New Jersey Nets a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2015.

O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Portland Trail Blazers xunto a Shawne Williams e unha elección de primeira rolda do Draft a cambio de Gerald Wallace. Foi cortado por Portland o 21 de marzo de 2012.

Turquía En setembro de 2011, asinou un contrato co Türk Telekom B.K.. Dito contrato tiña unha cláusula que lle permitía volver á NBA unha vez rematara o lockout de 2011.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Turquía Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Turquía Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores do Tofaş SK Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores do Türk Telekom BK Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets