miniatura|250px|O famoso paso de Felix en Oceantics (1930). Felix o gato é un personaxe animado da era do cine mudo. A súa pelaxe negra, ollos brancos, e grande sorriso, xunto ás situacións surrealistas que se presentaban nas súas historias, contribuíron a facer de Felix un dos personaxes animados máis recoñecibles do mundo. Felix foi o primeiro personaxe de animación en obter un nivel de popularidade tan grande como para atraer aos espectadores con só o reclamo da súa aparición nunha película.
As orixes de Felix son incertas. Pat Sullivan, caricaturista e empresario de cine de orixe australiana e o animador estadounidense Otto Messmer afirmaron ser os creadores, cada un pola súa parte, e a evidencia parece soster ambas demandas. Mais moitos historiadores, como pode ser John Canemaker, afirman que foi Sullivan quen plaxiou a Messmer. O que é seguro é que o gato saíu do estudio de Sullivan, e os debuxos animados que incluíron o personaxe gozaron dun enorme éxito nos anos 1920. Paramount Pictures distribuíu as primeiras películas entre 1919 e 1921. Margaret J. Winkler distribuíu as curtas entre 1922 e 1925, o ano no que Educational Pictures asumiu o control da distribución das curtas. En 1928, Education deixou de sacar os debuxos animados de Felix e moitos foron reemitidos por First National Pictures. Copley Pictures distribuíno desde 1929 até 1930. Tivo unha breve resurrección en 1936 por Van Beuren Studios, mais a gloria dos vellos tempos esvaeceuse durante o breve paso do gato para a cor e o son. Sullivan fixo a maioría da mercadotecnia do personaxe nos anos 1920.
Felix foi todo un éxito na cultura popular estadounidense, e tamén no estranxeiro. Tivo a súa propia tira cómica (debuxada por Messmer), e a súa imaxe pronto adornou todo tipo de produtos. Músicos de Jazz como Paul Whiteman cantaron sobre el, e incluso se converteu na primeira imaxe en ser difundida por calquera emisora de televisión. Mais o éxito foi breve. A chegada de debuxos animados parlantes, particularmente Mickey Mouse de Walt Disney, eclipsou a proposta non sonora de Sullivan e Messmer. Unhas cantas curtas sonoras creadas polo irmán de Sullivan non conseguiron a audiencia anteriormente obtida.
A televisión pode ser tomada como a salvación do gato. Os debuxos animados de Felix empezaron a transmitirse pola televisión estadounidense en 1953. Mentres tanto, Joe Oriolo, o novo artista da tira cómica, obtén os dereitos para introducir a Felix nunha nova serie, especificamente para televisión. Oriolo agregou novos personaxes, como Poindexter e Rock Bottom, e creou o peto máxico, que podía converterse en calquera figura que Felix necesitara. O fillo de Joe Oriolo, Don Oriolo, continuou como encargado de Felix, e o gato foi protagonista de diversas series de televisión, así como dunha película. miniatura|Fragmento da curtametraxeThe Goose that Laid the Golden Egg (1936).
Creación miniatura|200px|esquerda|Unha escena da curtametraxe Felix in Hollywood (1923). O 9 de novembro de 1919, Master Tom, un personaxe parecido a Felix, debuta nunha curta de Paramount Pictures titulada Feline Follies.Solomon, 34, di que o personaxe "aínda non era chamado Felix". Producido polo estudio de animación de Pat Sullivan, a curta foi dirixida polo caricaturista e animador Otto Messmer. Foi un éxito, e o estudio de Sullivan rapidamente se puxo a traballar noutra curta protagonizada por Master Tom, The Musical Mews (estreada o 16 de novembro de 1919). Tamén tivo éxito de audiencia. O produtor de Paramount, John King, suxeriu renomear o personaxe a "Felix", polas palabras latinas felis (gato) e felix (sorte), e o nome foi utilizado na terceira película, The Adventures of Felix (estreada o 14 de decembro de 1919). En 1924, o animador Bill Nolan redeseñou o felino, facéndoo máis redondo e rechamante. A nova aparencia de Felix, xunto á habilidade de Messmer para a animación, lanzaron o personaxe á fama mundial.Solomon 34.
miniatura|200px|dereita|Felix e Charles Chaplin comparten pantalla nun memorable momento de Felix in Hollywood (1923).
A pregunta de quen creou exactamente a Felix continúa en disputa. Sullivan indicou en numerosas entrevistas que foi el quen creou a Felix e que fixo os esbozos claves para o personaxe. Nunha visita a Australia en 1925, Sullivan comentou no periódico The Argus que "a idea naceu de observar un gato que a miña dona levou ao estudio un día". Os ditos de Sullivan son respaldados pola súa curta animada The Tail of Thomas Kat, estreada o 18 de marzo de 1917, máis de dous anos antes de Feline Follies. Un documental australiano da ABC-TV transmitido no 2004 e unha exposición na Biblioteca Estatal de New South Wales o 2005 suxeriron que Thomas Kat foi un prototipo ou precursor de Felix. Non obstante, poucos detalles de Thomas sobreviviron. Mentres que Felix podía transformar maxicamente a súa cola en ferramentas e outros obxectos, Thomas é un gato non-antropomórfico que perde o seu rabo nunha pelexa contra un galo.
Sullivan era o propietario do estudio e — como no caso de moitos empresarios — púidose apropiar dos dereitos de calquera traballo creativo dos seus empregados. Ao igual que moitos outros animadores dese tempo, Messmer non foi recoñecido. Logo da morte de Sullivan en 1933, os seus herdeiros en Australia apropiáronse do personaxe.
Non foi até moitos anos despois da morte de Sullivan que os seus empregados Hal Walker, Al Eugster, e o avogado de Sullivan, Harry Kopp, acreditaron a Messmer como o creador de Felix. Indicaron que Felix estaba baseado nun Charlie Chaplin animado que Messmer inventara para o estudio de Sullivan. A personalidade do gato e os seus movementos en Feline Follies reflicten as características de Chaplin, e, a familiar pelaxe negra tamén está presente (Messmer encontrou que as formas sólidas eran máis fáciles de animar).
Moitos historiadores da animación (a maioría estadounidenses e ingleses) apoiaron as demandas de Messmer. Algúns son Michael Barrier, Jerry Beck, Colin and Timothy Cowles, Donald Crafton, David Gerstein, Milt Gray, Mark Kausler, Leonard Maltin, e Charles Solomon.Barrier 29 e Solomon 34.
A pesar de quen creou a Felix, Sullivan comercializou implacablemente o gato, mentres que Messmer continuou producindo caricaturas e comezou unha tira cómica en 1923, distribuída por King Features Syndicate.
Popularidade Cando a distribución por Paramount expirou en 1922, Sullivan comezou a distribuír as súas caricaturas coa axuda de Margaret J. Winkler. Grazas a Winkler, a popularidade de Felix acadou novas cotas. Sullivan prometeu a creación dunha curtametraxe de Felix cada dúas semanas.Barrier 30.
En 1923, o gato estaba no cumio da súa carreira cinematográfica. Felix in Hollywood, unha curta estreada ese ano, representa a popularidade de Felix, ao compartir pantalla con celebridades como Douglas Fairbanks, Cecil B. DeMille, Charlie Chaplin, Ben Turpin e Will H. Hays. A súa imaxe podía ser vista en reloxos, adornos de Nadal e outros produtos. En 1927 o personaxe converteuse no primeiro globo de helio xigante feito para o Macy's Thanksgiving Day Parade. Segundo palabras do autor Donald Crafton, "cara ao 1926, [Felix] era probablemente o personaxe máis popular da pantalla, vivo ou animado, con excepción de Chaplin".Crafton, p. 317. Felix foi a figura de varias cancións populares na época. Xunto co éxito do felino xurdiron novos personaxes. Estes incluían o amo de Felix, Willie Brown, un antagonista chamado o rato Skiddoo, os sobriños de Felix, Inky, Dinky e Winky, e a súa noiva Kitty.
Gran parte das primeiras caricaturas de Felix reflectían os pensamentos estadounidenses da época. Algúns estereotipos étnicos apareceron en curtos como Felix Goes Hungry (1924). As "flappers" foron caricaturizadas en Felix Strikes It Rich (1924). Felix incluso se viu envolto nun sindicato en Felix Revolts (1923). Referencias ao alcoholismo e a lei seca foron frecuentes en moitas curtas, particularmente Felix Finds Out (1924) e Felix Woos Whoopee (1930) por nomear algúns.
Felix foi a primeira imaxe en ser transmitida por televisión cando RCA elixiu un boneco feito de papel maché do gato para un experimento de 1928 vía W2XBS Nova York en Van Cortlandt Park. O boneco foi escolleito debido aos seus contrastes e á súa capacidade de resistir as intensas luces que se necesitaban. Foi posto nunha placa xiratoria de fonógrafo e fotografado durante aproximadamente dúas horas cada día. Despois de pagarlle a Sullivan, o boneco continuou na placa xiratoria por cerca dunha década mentres RCA melloraba a definición da imaxe.
O éxito de Félix atraeu un gran número de imitadores. A aparencia e personalidade doutros felinos dos anos 1920 como Julius de Alice Comedies (Walt Disney), Waffles de Aesop's Film Fables (Terrytoons), e especialmente a adaptación de Bill Nolan de Krazy Kat en 1925, parecían estar directamente relacionados con Felix.Solomon 37.
As caricaturas de Félix tiveron un grande éxito entre os críticos tamén, que viron nos traballos magníficos exemplos de surrealismo na industria do cine. O crítico francés Marcel Brion escribiu un ensaio titulado Felix le chat, ou la poésie créatrice, no cal destacou a personalidade do personaxe e a mestura que existía entre obxectos reais e imaxinarios no seu mundo.
miniatura|150px|dereita|A insignia do escuadrón VF-31 Tomcatters (1948) da mariña dos Estados Unidos.
Felix como mascota Debido á popularidade do personaxe e ao feito de que o seu nome deriva da palabra latina "feliz", algunhas importantes organizacións adoptaron a Felix como mascota. O primeiro foi un vendedor de Chevrolets amigo de Pat Sullivan chamado Winslow B. Felix, quen abriu a súa sala de exposición e venda en 1921. O anuncio de neon de Felix Chevrolet, coas súas imaxes xigantes do gato, é unha das marcas máis coñecidas dos Ánxeles. En 2007, o anuncio foi escollido pola Cultural Heritage Commission da cidade como monumento histórico-cultural. Outros que adoptaron a Felix como símbolo foron, en 1922 os New York Yankees ou o aviador Charles Lindbergh, que levou un boneco do personaxe nun voo histórico a través do océano Atlántico.
Esta popularidade persistiu. A finais dos anos 1920, o segundo escuadrón de bombardeiros da mariña dos Estados Unidos (VB-2B) adoptou unha insignia que consistía nun Felix feliz levando unha bomba coa mecha prendida. Retiveron a insignia durante os anos 1930 cando se converteron nun escuadrón de combate designado baixo o código VF-6B e, logo, VF-3. En 1948, o escuadrón foi designado como VF-31, conservando o logo até os nosos días.
Do cinema mudo ao sonoro miniatura|165px|esquerda|Felix xunto a Inky e Winky na curtametraxe April Maze (1930). Coa estrea de The Jazz Singer en 1927, Educational Pictures, que distribuía as curtametraxes de Felix nese tempo, propúxolle a Pat Sullivan facer caricaturas "sonoras", mais Sullivan rexeitou a proposta. As discusións seguiron até a separación de Educational e Sullivan. Só cando Steamboat Willie de Walt Disney fixo historia como a primeira caricatura falada cunha banda sonora sincronizada, Sullivan viu as posibilidades do son. Preocupouse de obter un contrato seguro con First National Pictures en 1928. De todos os xeitos, por razóns descoñecidas, isto non durou, e Sullivan buscou en Jacques Kopfstein e Copley Pictures para distribuír as súas novas caricaturas sonoras de Felix. O 16 de outubro de 1929, un anuncio saíu en Film Daily onde Felix dicía, ao estilo de Al Jolson, "Aínda non escoitaron nada!" ("You ain't heard nothin' yet!").