Geosat (acrónimo de GEOdetic SATellite) foi un satélite artificial da Armada dos Estados Unidos de América lanzado o 13 de marzo de 1985 mediante un foguete Atlas E desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.

Características A misión de Geosat foi determinar o xeoide terrestre sobre os océanos usando un radar altímetro.

O control de actitude foi deseñado para apuntar o radar cunha separación de menos dun grao a partir da dirección do nadir durante o 98% do tempo. O sistema de telemetría estaba composto por dous transmisores en banda S, dúas grabadoras de cinta e dúas unidades de encriptación.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Geosat Follow On

Categoría:Satélites artificiais