Ángel Lázaro Machado, nado en Velle (Ourense) o 27 de xaneiro de 1900 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 1985, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Emigrou a Cuba aos trece anos. Comezou a colaborar en El Comercio e noutras publicacións da Habana. En 1919 escribiu en El Nacionalista co pseudónimo de Olán Clarín. Publicou poemas en Diario de la Marina, Galicia, Eco de Galicia, Chic e Diario Español. En 1923 estableceuse en Madrid obtendo éxito como dramaturgo, onde foi redactor de La Libertad e escribiu artigos para Blanco y Negro. Coa Guerra Civil marchou de novo a Cuba. Colaborou no diario Pueblo e foi director da antifranquista Revista de España. Pasou unha tempada en México como crítico teatral e xornalista. Despois escribiu en Cuba o programa de radio Páginas de España (1947) con Manuel Millares Vázquez. Co triunfo da Revolución cubana regresou a Madrid onde morreu en 1985.
Obras Poesía El remanso gris, 1920. Confesión, 1927. Antología poética, 1940. Canción de Martí, 1953.
Teatro El circo de la verbena, 1933. La casada sin marido, 1936.
Ensaio Biografía de Jacinto Benavente, 1930.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1985