The Mexican é un filme estadounidense dirixido por Gore Verbinski que se estreou no 2001.
Sinopse Jerry Welbach acaba de recibir dous ultimatos: o primeiro do seu xefe, un mafioso que lle encarga viaxar a México para recuperar unha antiga e valiosa pistola chamada La Mexicana, e o segundo da súa moza Samantha, esixíndolle que poña fin á súa relación coa mafia. Jerry pensa que seguir vivo é o máis importante, aínda que iso supoña ter problemas con Samantha, así que vai a México. Aínda que atopa doadamente a arma, levarlla ó seu xefe é un asunto máis complicado. Sobre a pistola pesa unha maldición lendaria, xa que foi o regalo de voda que un rico terratenente lle fixo á súa filla, que morreu en tráxicas circunstancias. Cando un asasino a soldo secuestra a Samantha para facerse coa pistola, Jerry terá motivos para crer na maldición.
Personaxes Brad Pitt como Jerry Welbach Julia Roberts como Samantha Barzel James Gandolfini como Winston Baldry J. K. Simmons como Ted Slocum Bob Balaban como Bernie Nayman Sherman Augustus como Home negro ben vestido (O auténtico Leroy) Michael Ceveris como Frank David Krumholtz como Beck Gene Hackman como Arnold Margolese
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Gore Verbinski Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes ambientados en México Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América