Robin van Persie, nado en Rotterdam o 6 de agosto de 1983, é un futbolista neerlandés. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o Manchester United.

Traxectoria Van Persie comezou no equipo xuvenil do SBV Excelsior. Foise despois ao equipo da súa cidade, o Feyenoord, onde estivo durante tres tempadas e gañou a Copa da UEFA no ano 2002.2001/02: Van Hooijdonk fires up Feyenoord UEFA.COM Na tempada 2001-02, gañou o premio ao mellor xogador sub-21 da Eredivisie. Os seus problemas co adestrador Bert van Marwijk remataron cun cambio de club, e Van Persie foise á Premier League no ano 2004, fichando polo Arsenal F.C. por 2.75 millóns de libras.Arsenal Striker Robin Van Persie Wants To Follow In Dennis Bergkamp's Foosteps And Wear Number 10 Shirt Goal.com, 7 de xullo de 2010 Na súa primeira tempada no equipo de Londres, gañou a Community Shield e a FA Cup, e gañou o premio ó mellor deportista de Rotterdam do ano 2006. Foi o mellor xogador do mes da Premier League en tres ocasións. Na tempada 2008-09 da Premier, foi o máximo asistente da competición, con 11 asistencias.Player Profile | Robin van Persie FA Premier LeagueStatistics FA Premier League

Van Persie foi internacional co seu país de novo, representando ás seleccións holandesas sub-17, sub-19 e sub-21. Fixo o seu debut coa selección absoluta en 2005, nun amigable contra Romanía. Un mes máis tarde, anotou o seu primeiro gol coa absoluta, na vitoria por 4-0 contra Finlandia.FIFA Player Statistics: Robin VAN PERSIE FIFA.comRobin Van Persie Football Profile Yahoo! Eurosport UK Participou no Mundial de fútbol de 2006 e no de 2010, e máis na Eurocopa de 2008.2010 FIFA World Cup™ – Robin VAN PERSIE FIFA.com

Palmarés Club Feyenoord Copa da UEFA (1): 2001-02

Arsenal FA Cup (1): 2005 FA Community Shield (1): 2004 Finalista da Football League Cup: 2007, 2011 Finalista da UEFA Champions League: 2006

Manchester United Premier League (1): 2012–13

Selección Finalista da Copa do Mundo de Fútbol: Suráfrica 2010

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Arsenal.com Estatísticas en Fifa.com Estatísticas en Soccerbase.com

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Rotterdam Categoría:Futbolistas dos Países Baixos Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Feyenoord Rotterdam Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores do Manchester United FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol dos Países Baixos Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Adestradores de fútbol dos Países Baixos