Uxmal era unha antiga cidade maia localizada a 78 Km ao sur de Mérida, capital do estado do Iucatán en México. Sobresae pola súa monumentalidade, sendo a segunda máis visitada do estado, despois de Chichén Itzá.
O nome Uxmal ao parecer é o topónimo do maia iucateco ox, que quere dicir "tres veces", facendo referencia a un labor que se repite. Por iso, o significado de Uxmal podería ser "construída ou ocupada tres veces"
Na zona sobresaen: As estruturas do pazo do gobernador. A pirámide do adiviño (con case 40 metros de altura). O cuadrilátero das monxas. O pombal. O xogo da pelota.
A ocupación de Uxmal prodúcese no 800 a.C., segundo fragmentos de cerámica atopados na zona, até o ano 1200 cando se produciu unha repentina caída do desenvolvemento económico rexional que desembocou no abandono da cidade.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Uxmal on mayaruins.com Map of the site's central portion and various photographs. Architecture, Restoration, and Imaging of the Maya Cities of Uxmal, Kabah, Sayil, and Labna, documentation project by Prof. Charles Rhyne, Reed College animated 3D-reconstruction on Uxmal-3D.com Uxmal – The Mayan Kingdom – A well researched photographic eBook on Uxmal and the Maya Uxmal Photo Essay
Categoría:Cidades prehispánicas de México Categoría:Patrimonio da Humanidade en México