María Luísa Soto Meijomence, nada en Silleda o 19 de decembro de 1955 e finada en Lebosende (Leiro) o 17 de agosto de 1998,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 18-8-1998, p. 56. foi unha actriz galega.
Vida e traxectoria Licenciada en Farmacia, profesión que nunca exerceu, actuou en obras de teatro, sendo habitual nas primeiras montaxes do Centro Dramático Galego; en películas como Divinas palabras de José Luis García Sánchez (1987), Continental de Xavier Villaverde (1989) ou A metade da vida de Raúl Veiga (1993), así como en televisión, colaborando na serie da TVG Pratos combinados e outros programas, dende 1995 ata a súa morte.
Filmografía Filmes miniatura|Placa conmemorativa na casa natal. Divinas palabras (1987) Continental (1990) Huidos (1993) A metade da vida (1993) TV O enfermo imaxinario (1986) Pratos combinados (7 episodios) (1995-1996)
Homenaxes Dende 1997 leva o seu nome un dos premios María Casares: o Premio de Honra Marisa Soto, que concede a xunta directiva da AADTEG, e que recaeu en Agustín Magán, Maruxa Villanueva ou Luís Álvarez Pousa, entre outros, e en institucións como o Padroado de Cultura do Concello de NarónFicha de Marisa Soto en culturagalega.org.
En Silleda, na súa casa natal, hoxe Casa da Xuventude, ten a súa sede a Escola Municipal de Teatro "Marisa Soto". Dende o ano 2009, este edificio leva o seu nome, pasando a denominarse Casa da Xuventude Marisa SotoEl callejero de Silleda modifica el nombre de 10 rúas y bautiza a otras 6 en Faro de Vigo (26/9/2009) (Consultado o 23/11/2016)..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en Silleda Categoría:Actores de Silleda Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en 1955 Categoría:Finados en 1998