O distrito de Tororo é un distrito da Rexión Leste da Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Tororo.
Limita co distrito de Mbale polo norte, co distrito de Manafwa polo nordeste, coa República de Kenya polo leste, co distrito de Busia polo sur, co distrito de Bugiri polo suroeste e co distrito de Butalejat polo noroeste. Segundo o censo do ano 2002, o distrito tiña unha poboación estimada de 398.600 persoas.
Hai un gran variedade de etnias, como son os jopadhola, os iteso, os samia, os bagwere e os banyoli. As linguas que se empregan están correlacionadas coas etnias, e así existen as linguas dhopadhola, lusamia, ateso, lugwere e lunyoli. Nos centros urbanos, o inglés, o suahili e o luganda son as linguas habituais.
A agricultura é o piar económico do distrito, e a maioría do que se produce nel é consumido no mesmo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Programa de Desenvolvemento Rural de Orfos de Uganda (con base en Tororo) Páxina do Hospital de Tororo
Tororo