José Piñeiro González, coñecido como Aviador Piñeiro, nado no lugar do Seixo, na parroquia de Franza, en Mugardos o 15 de decembro de 1878 e finado en Santiago de Compostela o 3 de febreiro de 1927, foi un aviador galego.
Traxectoria thumb|left|José Piñeiro González, o primeiro aviador galego, na revista arxentina Fray Mocho do 9 de xaneiro de 1914. Estudou para maquinista mercante e despois instalouse en Sanxenxo, onde seu pai era axudante de Mariña, e montou unha fábrica de gasosas.
En 1912 asistiu a unha exhibición de aviación do piloto francés Vedrines nas festas da Peregrina en Pontevedra, e decidiu vender a fábrica para marchar a Francia e formarse como piloto. Realizou as primeiras acrobacias en Ferrol o 6 de maio de 1913 durante a botadura do acoirazado Afonso XIII. Participou na construción do aeródromo de Baltar no que adoitaba voar. Convidado pola colectividade galega da Arxentina e Cuba, realizou voos acrobáticos nos que incluíu o salto da morte. En decembro de 1914 realizou o primeiro voo invertido (looping the loop) en Cuba. De volta en España, tomou parte en varios concursos ata a súa retirada en 1921. Realizou os seus voos acrobáticos cun avión de só 50 CV de potencia. Foi famosa a súa acrobacia denominada "O voo da gaivota", consistente en tocar cunha á o mar e volver levantar o voo. Con el voou Elisa Patiño Meléndez, considerada a primeira galega piloto.
En 1923 foi vivir a Santiago de Compostela, acompañando o seu fillo que estudaba na Escola Normal.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na Buxaina , revista dixital do Departamento de Ciencias do IES Francisco Asorey. Noticia en La Voz de Galicia
Categoría:Pioneiros da aviación Categoría:Alcaldes de Sanxenxo Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1927 Categoría:Aviadores de Galicia