Thomas Peter Meighan, nado o 11 de xaneiro de 1981 en Leicester, é un músico inglés, coñecido por ser o vocalista da banda de indie rock Kasabian.
Biografía Meighan é o vocalista de Kasabian dende o nacemento da banda en Leicester en 1999.Kasabian biography - Virgin Radio É a voz principal na maioría das cancións da banda e non toca ningún instrumento no grupo, agás a pandeireta nalgunha ocasión e a guitarra no directo de 'Night Workers'.
Meighan contribuíu ademais como cantante principal nas cancións "Viva La Revolution" de Superevolver e "Ghosts on Crusade", de Lysergic Suite. Fai os coros no sinxelo de Jersey Budd, "She Came Back".
Ademais dos numerosos premios que comparte cos demais membros de Kasabian, foi nomeado 19º mellor líder de banda de todos os tempos nunha votación dos lectores da revista Q Magazine.
A comezos de 2011, Meighan fixo o seu debut como actor no episodio piloto de Walk Like a Panther. Anteriormente, rexeitou unha oferta para aparecer en Marie Antoinette, debido ao compromiso cos compañeiros da banda.
Discografía Kasabian Kasabian (2004) Empire (2006) West Ryder Pauper Lunatic Asylum (2009) Velociraptor! (2011)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Tom Meigham en Internet Movie Database
Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Personalidades do rock Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Nados en Leicester Categoría:Nados en 1981