A dos anátidos,anátidos no Dicionario da RAG. Anatidae, é unha familia de aves da orde dos anseriformes.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1820 polo político e zoólogo irlandés, especializado en ornitoloxía, Nicholas Aylward Vigors.Anatidae Leach, 1820 na BioLib. Consultada o 2 de decembrop de 2022.

Etimoloxía O nome científico Anatidae está formado pola unión dos elementos Anat- e -idae. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Anas, e o segundo e o sufixo do latín científico empregado para formación dos nomes das familias de animais.Anatidae no Merriam-Webster Dictionary.

Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, a familia coñeceuse tamén polos sinónimos: Anatinae Leach, 1820 Cereopseinae Vigors, 1825

Subfamilias A familia subdivídese nas seguintes sufamilias: Dendrocygninae Thalassorninae Anserinae Stictonettinae Plectropterinae Tadorninae Anatinae Merginae Oxyurinae

Características Os anátidos son aves usualmente migradoras que adoitan vivir nas proximidades da auga; unha das súas adaptacións ao medio acuático é que son palmípedes.

Entre as moi diversas especies desta familia (aproximadamente unhas 150) encóntranse os patos ou parrulos, os gansos, os cisnes, os cisnes arborícolas, os mergos, os eideres, e outras.

Nas eras modernas a súa área de distribución natural abarca practicamente todo o planeta Terra, a excepción (salvo casos ocasionais) da Antártida.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans) en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5. Leach, W. E. (1820): Synopsis of the Contents of the British Museum: Eleventh Room. British Museum. London. 17th edition: 65–70. (Páxina de referencia).

Outros artigos Anseriformes

Ligazóns externas Anatidae no SIIT. Alan P. Peterson. Anatidae en Anseriformes Anatidae en Tree of Life. Anatidae en Fauna Europaea. Anatidae na Animal Diversity Web. Anatidae en NCBI. Anatidae na EOL Anatidae na Enciclopedia Británica