Rigoletto é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseado na obra teatral Le Roi s'amuse de Víctor Hugo, mais a ópera desvíase lixeiramente da obra a causa da censura, xa que o personaxe do Duque era orixinalmente o Rei, e algunha parte do texto tivo que ser trocada debido ao contido político. Foi estreada o 11 de marzo de 1851 no Gran Teatro La Fenice de Venecia. Está considerada por moitos unha das primeiras obras mestras operísticas de mediados da carreira de Verdi.
Trátase dun drama de paixón, engano, amor filial e vinganza que ten como protagonista a Rigoletto, un bufón chepudo da corte do Ducado de Mantua.
Esta ópera converteuse na actualidade nun fito do repertorio operístico estándar, aparecendo no décimo posto na lista de Operabase das óperas máis interpretadas mundialmente, sendo a 6.ª en Italia e a segunda de Verdi, logo de La Traviata.
Personaxes PersonaxeTesituraIntérpretes na estrea, 11 de marzo de 1851Lista de cantantes tomada de Budden, p. 476.San Diego Opera Operapaedia - Rigoletto (Cast) (Director: - )Rigoletto, o bufón do duque barítonoFelice VaresiGilda, súa fillasopranoTeresa BrambillaDuque de MantuatenorRaffaele MirateSparafucile, un asasinobaixoPaolo DaminiOperas every child should know, Dolores Bacon, Nueva York, 1911, Doubleday, Page & Company, sinala como o Sparafucile da estrea a Ponz. Maddalena, súa irmácontraltoAnnetta CasaloniGiovanna, aia de GildamezzosopranoLaura SainiConde CepranobaixoAndrea BelliniCondesa Ceprano, sáu donamezzosopranoLuigia MorselliMatteo Borsa, un cortesántenorAngelo ZulianiConde MonteronebarítonoFeliciano PonzOperas every child should know, Dolores Bacon, indica como intérprete de Monterone a Damini. MarullobarítonoFrancesco De KunnerthUn subalterno da cortebaixoGiovanni RizziUn paxemezzosopranoModes LovatiOperas every child should know, Dolores Bacon. Coro: cidadáns
Orquestración A orquestra esixe: 2 frautas (Frauta 2 dobra ao piccolo); 2 óboes (Óboe 2 dobra ao corno inglés); 2 clarinetes; 2 fagots; 4 trompas en Mib, Re, Do, Lab, Sol, e Fa; 2 trompetas en Do, Re, e Mib; 3 trombóns, cimbasso,o cimbasso é un instrumento de metal da familia do trombón. timbais, bombo e pratos, e cordas.
Fóra de escena: Banda, bombo, 2 campás, máquina de tronos. En escena: Violíns (I e II), violas e contrabaixos.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Venecia Categoría:Óperas de 1851