Acontecementos 1 de xuño - España: Créase en Segovia o Colexio Xeneral Militar con sede no Alcázar. Posteriormente estaría en Madrid e Toledo, até a súa supresión en 1850. 6 de agosto - Proclamación da independencia de Bolivia. 25 de agosto - O Uruguai declara a súa independencia do Brasil (en 1828 constitúese como estado).

Arte e cultura 12 de febreiro - Estrea da ópera Adelson e Salvini, de Bellini, no Teatro do Conservatorio di S. Sebastiano de Nápoles.

Ciencia e tecnoloxía Primeira liña ferroviaria do mundo no Reino Unido.

Nacementos 9 de febreiro - Benito María Hermida Verea, político galego (m. 1905). 15 de marzo - Aníbal Pinto Garmendia, presidente chileno (m. 1884). 4 de maio - Thomas Henry Huxley, biólogo británico (m. 1895). 17 de maio - Matías López López, industrial e político galego. 21 de xullo - Práxedes Mateo Sagasta, político español. 15 de agosto - Bernardo Guimarães, escritor brasileiro (m. 1884). 11 de setembro - Giuseppe Prinzi, escultor italiano (m. 1895). 25 de setembro - Rafael Wenceslao Núñez Moledo, presidente de Colombia (m. 1894). 2 de decembro - Pedro II, emperador do Brasil (m. 1891). Eusebio da Guarda, negociante e filántropo coruñés (m. 1897).

Mortes 7 de maio - Antonio Salieri, compositor italiano. 19 de maio - Henri de Saint-Simon, filósofo francés, teórico do socialismo utópico. 20 de agosto - Juan Martín Díez, El Empecinado, é aforcado na cidade de Roa. 1 de decembro - Alexandre I, Tsar de Rusia.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1825