dereita|miniatura|Homenaxe da AELG a Pilar Pallarés na Coruña. Pilar Pallarés García, nada en Culleredo o 29 de abril de 1957, é unha poeta galega.
Traxectoria Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversas revistas, como Grial, Coordenadas, Dorna, Nordés ou Festa da Palabra Silenciada en A Nosa Terra. Pertenceu ao colectivo poético De amor e desamor.
Tras a publicación do seu primeiro libro, Entre lusco e fusco (1980), converteuse nunha das voces poéticas máis importantes da poesía galega. Posteriormente publicaría as obras Sétima soidade (1984, Premio Esquío de poesía en 1983) e Livro das devoracións (1996). Ademais, ten colaborado en varias revistas con estudos de crítica literaria. Actualmente exerce de profesora de literatura galega no Instituto Ramón Menéndez Pidal da Coruña.
Recoñecemento En 2019 foi recoñecida pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega como Escritora na súa Terra.
Obras Poesía Entre Lusco e Fusco (1980). Ediciós do Castro. Sétima soidade (1984). Edicións da Sociedade de Cultura Valle-Inclán. ISBN 84-398-1130-6. Livro das devoracións (1996). Culleredo: Espiral Maior. 72 páxs. ISBN 978-84-92646-17-3 (2010). Traducido ao inglés, Fossil Time & Book of Devorations (2021). Poemas (2000). Universidade das Illas Baleares. Servizo de Publicacións. 34 páxs. ISBN 978-84-7632-551-3. Leopardo son (2011). Culleredo: Espiral Maior. Foi traducida ao inglés. 68 páxs. ISBN 978-84-92646-64-7. Tempo fósil (2018). Santiago: Chan da Pólvora. 58 páxs. ISBN 978-84-126863-2-6 (2023). Traducido ao castelán, Tiempo fósil (2020) e ao inglés, Fossil Time & Book of Devorations (2021). Contra humana parte (2025). Culleredo: Espiral Maior. 58 páxs. ISBN 978-84-128932-8-1. Unha escriba (poesía 1980-2025) (2026). Santiago: Chan da Pólvora. 295 páxs. ISBN 979-13-992144-7-5. O volume recolle unha antoloxía de Entre lusco e fusco (1980), e mais os libros Sétima soidade, Livro das devoracións, Leopardo son, Tempo fósil e Contra humana parte, alén de incorporar un bloque textual baixo o título de Certos poemas, que compila textos dispersos que se recollen por vez primeira nun volume.
Ensaio Rosas na sombra (a poesía de Luís Pimentel) (1991). Edicións do Cumio. 176 páxs. ISBN 978-84-87126-28-4. Carballo Calero. Caderno didáctico (1994). Concello de Ferrol. 68 páxs. ISBN 978-84-88991-00-3. Rafael Dieste. Caderno didáctico (1995). A Coruña: AS-PG. 64 páxs. ISBN 978-84-920453-0-3.
Edición
Fillo de Eva (88 poemas de Carvalho Calero) (1992) Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Beleza, verdade. Escolma poética de Ricardo Carvalho Calero (2020). Santiago: Chan da Pólvora. 193 páxs. ISBN 978-84-121018-2-9. Edición e limiar.
Infanto-xuvenil
Unha boa gatucada! (2023). Baía Ed. 96 páxs. ISBN 978-84-9995-425-7.
Obras colectivas De amor e desamor. I. II, (1984 e 1985), Ediciós do Castro. Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. Rosalía de Castro: unha obra non asumida, (1985), Xistral. Desde a palabra, doce voces, (1986), Sotelo Blanco. Literatura galega do século XX, (1988), Vía Láctea. Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), (1990), Ediciós do Castro. XIII Festival da Poesia no Condado, (1993), S. C. D. Condado. XIV Festival da Poesia no Condado, (1994), S. C. D. Condado. Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy, (1995). Deputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez. Rafael Dieste. Caderno didáctico, (1995). AS-PG. Construír a paz (1996), Xerais. Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, (1997), Fundación Rosalía de Castro. Manuel Ponte Pedreira: a resistencia antifranquista na comarca de Ordes, (1997), Obradoiro de História. Alguén agarda que volva alí, (1998). Clásicos e modernos: tres leituras poéticas, (1999), Universidade da Coruña. Galician generation of the eighties: three poets, (1999), Universidade da Coruña. Edición bilingüe galego-inglés. Poetas e narradores nas súas voces. I, (2001), Consello da Cultura Galega. Horizontes poéticos, (2002, Xerais). Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, (2003), Tris Tram. Por Arturo Casas. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, (2003), Fundación Araguaney. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, (2003), Espiral Maior. Son de poesia (2005), Edições Fluviais, Lisboa. Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, (2006), Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela. Cartafol poético para Alexandre Bóveda, (2006), Espiral Maior. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, (2006), Difusora. Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, (2008), Universidade da Coruña. Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, (2009, Fundación Manuel María). Lois Pereiro en 17 voces, (2011), La Voz de Galicia. No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal (2015), Alvarellos.
Poemas en edición dixital Hai estratos distintos de vazio, (2002). Non coñezo, non sinto, non comprendo, (2002). Para que te serve essa cruel boca de fome?, (2002). Persisto, (2002).
Premios Gañadora do Premio de Poesía O Facho no 1979. Premio Esquío de poesía no 1983, por Sétima soidade. Premio de poesía da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2012, por Leopardo son. O/A escritor/a na súa terra (letra E) da AELG en 2019. Premio da Crítica española 2018 por Tempo fósil. Premio Nacional de Poesía 2019 por Tempo fósil. Ministerio de Cultura.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Entrevista en Revista de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca Entrevista da AS-PG
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Culleredo Categoría:Nados en 1957 Categoría:Premio Esquío
Categoría:Premio Nacional de Poesía de España