Black Love é o quinto álbum da banda estadounidense de rock alternativo The Afghan Whigs, editado o 12 de marzo de 1996. Foi lanzado polo selo Elektra Records nos Estados Unidos e por Mute Records no Reino Unido, e producido por Greg Dulli.

Antes da publicación do traballo, o vocalista Greg Dulli explorou seriamente a produción dunha película de cine negro, pero finalmente o proxecto non se levou a cabo. As ideas que Dulli tiña para a súa banda sonora levaron ás cancións gravadas neste álbum.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de The Afghan Whigs Categoría:Álbums musicais de 1996 Categoría:Álbums producidos por Greg Dulli Categoría:Álbums de Elektra Records