Alejandro Mon-Landa Landa, nado en Pontevedra o 16 de febreiro de 1886 e finado na mesma cidade o 7 de novembro de 1957, foi un político conservador galego.
Traxectoria
miniatura|Alejandro Mon-Landa na homenaxe na Franqueira 1923.
Fillo de Alejandro Mon Landa. Doutor en Dereito e en Filosofía e Letras. Escribiu Estudio de los foros en Galicia (1910). Foi deputado a Cortes polo distrito da Cañiza ininterrompidamente durante sete lexislaturas (1910-1923) e fundou o Partido Agrario Gallego. Presentouse ás eleccións de febreiro de 1936 na lista centrista de Manuel Portela Valladares sen ser elixido.ABC, Madrid, 10 de febreiro de 1936.
Foi xerente de Tranvías Eléctricos de Pontevedra, conselleiro da Compañía Eléctrica e presidente da Cámara de Comercio. Foi presidente da Asemblea Provincial da Cruz Vermella e da Sociedade de Socorros Mutuos. Finou en Pontevedra o 7 de novembro de 1957.El Pueblo Gallego, 8-11-1957, p. 8.
Recoñecementos
miniatura|250px|Alejandro Mon-Landa no acto de imposición da Gran Cruz de Isabel a Católica 1922. Gran Cruz de Isabel a Católica, 1922.
Cruz do Mérito Naval.
Vida persoal
Casou con Consuelo Munaiz López e foi pai de Clementina, Concepción, Consuelo e Alejandro Mon Munaiz.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Mon (Pontevedra) por Pousada Xosé Docampo
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1957