Cyril James Touff, nado en Chicago o 5 de marzo de 1927 e finado en Evanston o 4 de xaneiro de 2003, foi un trompeta baixa de jazz, sendo un dos poucos músicos de jazz deste instrumento. Estivo asociado á West Coast Jazz, a pesar de que pasou a maior parte da súa vida en Chicago. Traxectoria
Empezou a estudar piano aos seis anos, para logo seguir co xilófono e o saxofón antes de chegar á trompeta. Estivo no exército estadounidense de 1944 a 1946, onde tocou o trombón. Despois da guerra púxose coa trompeta baixa e traballou con persoeiros tales como Woody Herman e Sandy Mosse entre outros. El e Mosse lideraron un octeto chamado Pieces of Eight a finais dos cincuenta durante unha década.
Discografía Título Data de publicación Artista Selo I Love John Frigo...He Swings 12 de decembro de 1957 Johnny Frigo Mercury Records
Categoría:Trompetistas de jazz Categoría:Trompetistas Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Personalidades sen imaxes