A bandeira de Taiwán é o símbolo oficial de Taiwán, un fondo de cor vermella cun rectángulo azul situado no cuadrante superior máis próximo ó mastro, que contén, no seu centro, un sol de cor branca con doce puntas.

Este cuadrante é á súa vez a bandeira do Kuomintang (KMT), o partido político fundado por Sun Yat-sen, e foi adoptada en 1895 como bandeira da Sociedade para a Rexeneración da China, movemento político precursor do actual KMT. A bandeira foi deseñada por Lu Haodong, mártir do movemento republicano chinés durante o final da dinastía Qing, última dinastía imperial chinesa.

As cores da bandeira de Taiwán simbolizan os Tres Principios do Pobo propugnados por Sun Yat-sen: O branco representa a democracia e a igualdade. O azul representa o nacionalismo cívico e a liberdade. O vermello representa o benestar do pobo e a fraternidade.

Outras bandeiras

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Taiwán Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras de estados non recoñecidos Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1928