Air New Zealand Limited é a aeroliña nacional de Nova Zelandia. Ten a súa base en Auckland e realiza voos cara a 27 destinos domésticos e 29 internacionais en 15 países de Asia, Europa, Oceanía e Norteamérica. Foi a única aeroliña que daba a volta ao mundoWhy fly Air New Zealand round the world? . Air New Zealand é membro da alianza de aeroliñas Star Alliance dende o ano 1999.
As rutas de Air New Zealand céntranse en Australasia e o Pacífico Sur, con servizos de longa distancia cara Asia, Europa e Norteamérica. O principal centro de operacións da aeroliña está no aeroporto de Auckland e a súa sede sitúase nun edificio chamado "The Hub", a 20 km do aeroporto.
Air New Zealand orixinouse en 1940 como Tasman Empire Airways Limited (TEAL), unha compañía de hidroavións que realizaba voos entre Nova Zelandia e Australia. TEAL pasou a ser propiedade do goberno neozelandés en 1965 e pasou a chamarse Air New Zealand. No ano 1989 gran parte da compañía foi privatizada, pero a maioría volvería ser adquirida polo goberno en 2001.
A aeroliña ten unha frota de longa distancia composta por Boeing 747, Boeing 767, Boeing 777 e Airbus A320 para rutas internacionais. A compañía tamén usa unha frota de Airbus A320 e Boeing 737 para operacións de curta distancia. As subsidiarias rexionais de Air New Zealand, Air Nelson, Eagle Airways e Mount Cook Airline realizan servizos domésticos dentro do país.
Frota Actual
En febreiro de 2020 a frota de Air New Zealand estaba formada polos seguintes avións:
+Frota de Air New ZealandAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotas B P S E TotalAirbus A320-20023————168168Configuración internacional171171Configuración domésticaAirbus A320neo42———165165Substitúen aos A320-200 máis vellos.Seguintes entregas a partir de 2021.Airbus A321neo77———214214ATR 72-600252———6868Proceden de Mount Cook AirlineBoeing 777-200ER8—264054192312Serán substituídos por Boeing 787-10Boeing 777-300ER8—445460184342Boeing 787-914—273339176275182142221302Boeing 787-10—8 Entregas a partir de 2022.Substituirán aos Boeing 777-200ER.Bombardier Q30023————5050Proceden de Air NelsonTotal11419
Histórica Avión Introducido Retirado Substituto NotasATR 72-50019992020ATR 72-600Todos tomados de Mount Cook AirlineBoeing 737-20019682001Boeing 737-300Algúns foron tomados de NACBoeing 737-30019982015Airbus A320-200Boeing 747-200B19812000Boeing 747-400Boeing 747-40019902014Boeing 777-300ER Todos despezados agás un, operado por Wamos Air como EC-MDSBoeing 767-200ER19852005Boeing 767-300ERAirbus A320-200Boeing 767-300ER19912017Boeing 787-9British Aerospace BAe 146-20020012002Boeing 737-300Tomados de Ansett New ZealandBritish Aerospace BAe 146-300Douglas DC-8-5219651981McDonnell Douglas DC-10-30Un continuou operando tras sen convertido en cargueiro DC-8F-54.Douglas DC-8F-5419811989NingúnConvertido dun DC-8-52 de pasaxeirosFokker F27-100 Friendship19601980Fokker F27-500 FriendshipTomados de NAC. Fokker F27-500 Friendship19751990Boeing 737-300Algúns tomados de NACLockheed L-188 Electra19591972Douglas DC-8-52Tomados de TEALMcDonnell Douglas DC-10-3019731982Boeing 747-200B
Notas
Categoría:Aeroliñas de Nova Zelandia Categoría:Star Alliance