Mrs. Doubtfire é un filme estadounidense dirixido por Chris Columbus que se estreou en 1993. Baséase na novela Madame Doubtfire de Anne Fine.

Sinopse Daniel Hillard é pai e esposo. Os seus fillos considérano un pai marabilloso, pero a súa muller está cansa de que se comporte como se tamén el fose un neno. Tras un accidentado divorcio, aínda que loita con todas as súas forzas para conseguir a custodia dos nenos, o xuíz non lla concede. Decide entón facerse pasar por unha señora maior para poder ser, cando menos, a neneira dos seus fillos.

Personaxes Robin Williams como Daniel Hillard/Mrs. Euphegenia Doubtfire Sally Field como Miranda Hillard Lisa Jakub como Lydia Hillard Matthew Lawrence como Christopher Hillard Mara Wilson como Natalie Hillard Pierce Brosnan como Stuart Dunmire Harvey Fierstein como Tío Frank Hillard Scott Capurro como Jack Hillard Robert Prosky como Jonathan Lundy Polly Holliday como Gloria Chaney Anne Haney como Mrs. Sellner William Newman como Mr. Sprinkles o carteiro Martin Mull como Compañeiro de Miranda no traballo Todd Williams como Todd the Bartender Ashley Harris como Female Swimmer James Rankin como Matthew Stuart Fredrick Hillard como Arnold Alden Roscoe Lee Browne como Buck Cloris Leachman como Cleo

Galardóns e nomeamentos 1993: Oscar: Mellor maquillaxe. 1993: 2 Globos de Ouro: Mellor comedia ou musical, e actor cómico (Robin Williams). 1993: Nomeada ó BAFTA: Mellor maquillaxe.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Chris Columbus Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical