O castiñeiro de Indias, castiñeiro das bruxas, ou castiñeiro da India (Aesculus hippocastanum), é unha árbore de gran porte pertencente á familia das sapindáceas. Considérase medicinal. Identifícase comunmente co nome de falso castiñeiro por mor a que os seus froitos presentan unha gran semellanza cos do castiñeiro e outras especies do xénero Castanea da familia das fagáceas. Moi empregada en xardinaría, é común atopala nos parques, alamedas, arboredos das cidades e vilas de toda Galicia.
O seu froito emprégase como amuleto contra o mal de ollo.
Características miniatura|240px A árbore acada os 30 metros de altura e difire do castiñeiro bravo en que o seu froito non é comestíbel polo seu amargor. Ten o tronco erecto e desenvolve numerosas pólas. As follas son grandes e opostas, teñen un pecíolo longo e están divididas en 5 ou 7 folíolos que dende lonxe asemellan os dedos dunha man. As flores son brancas e forman acios terminais a xeito de pirámide. A corola ten cinco pétalos e o cáliz ten forma de campá, posúe sete estames con anteras vermellas-acastañadas. O froito é a castaña agre e é unha cápsula recluída nun envoltorio espiñento. Resiste ben a polución, por iso adoita plantarse en rúas e alamedas das cidades.
Distribución xeográfica Orixinario da India, Irán, Asia Menor e os Balcáns, aclimatouse ben nas rexións de clima temperado do globo.
Propiedades Contén diversos principios activos coma saponinas e taninos. Polos seus flavonoides é empregado para tratar flebite, varices, hemorroides e problemas vasculares. Por vía externa protexe os cabelos e existen xampós cos seus extractos. O seu extracto fluído emprégase en preparacións antisolares para protexer a pel. En grandes doses chega ser tóxico, polo que cómpre non subministrarse a persoas de risco.
Principios activos: Na casca: heterósidos cumarínicos (2-3%): esculósido, fraxósido, escopoletósido. taninos catéquicos; leucoantocianósidos, flavonois: glicósidos do quercetol. Alantoína. Fitoesteroises.
No pericarpo: taninos catéquicos, saponósidos, pectina, potasio, calcio, fósforo, aceite etéreo.
Nos cotiledóns: flavonoides (esculina), saponósidos triterpénicos (escina).
Nas follas: heterósidos cumarínicos: esculósido, escopoletósido, fraxósido; flavonois derivados do quercetol, ramnetol e kenferol; taninos leucoantocianósidos. Pequenas cantidades de escina. Fitosterois: sitosterol, estigmasterol, campestrol.
Acción farmacolóxica É un tónico venoso ou vasoprotector que consegue diminuír a viscosidade do sangue, tornándoo máis líquido, reduce o tempo de sedimentación provocando unha desconxestión dos vasos sanguíneos e aumenta a resistencia capilar grazas á acción da escina e máis o esculósido. A escina, ademais ten propiedades antiinflamatorias e controla a permeabilidade dos vasos (actividade antiedematosa). En conxunto realiza unha actividade antivitamínica P.
Os saponósidos facilitan a difusión doutros principios activos cando son aplicados por vía tópica. Os taninos dan un efecto adstrinxente. Usos medicinais Pode aplicarse a xeito de pomada por vía externa xa que reduce o diámetro das veas diminuíndo a inflamación provocada por varices, flebite, insuficiencia venosa e outros trastornos circulatorios (como por exemplo edemas, equimose, cuperose rosácea). Por ser un potente vasoconstritor utilízase coas hemorroides para reducir o seu volume (ao ter unha elevada turxencia) e aliviar a súa dor.
O extracto seco prepárase a xeito de cápsulas que se insiren por vía oral en casos de febleza capilar, epistaxe, metrorraxia, dismenorreas etc. Usos homeopáticos Emprégase tamén para tratar problemas circulatorios (varices, flebite, crises hemorroidais etc ...) realizando unha función de drenaxe e normalmente se administra a xeito de gotas e asociada con outras plantas.
Taxonomía Aesculus hippocastanum foi descrita por Linneo e publicado en Species Plantarum 1: 344, no ano 1753. en Trópicos Etimoloxía O nome científico dá pistas sobre a árbore. Aesculus é o nome que en latín se lle dá á unha aciñeira, mentres que hippocastanum significa castaña das bestas ou dos cabalos, xa que na antigüidade o seu froito se empregaba para alimentar o gando. En inglés coñécese como horse-chestnut (castiñeiro de cabalo). Sinonimia Aesculus asplenifolia Loudon Aesculus castanea Gilib. Aesculus hippocastanum var. argenteovariegata Loudon Aesculus hippocastanum var. aureovariegata Loudon Aesculus hippocastanum var. beaumanii C.K.Schneid. Aesculus hippocastanum f. beaumanii (C.K.Schneid.) Dole Aesculus hippocastanum var. flore-pleno Loudon Aesculus hippocastanum var. incisa Booth ex Loudon Aesculus hippocastanum var. pendula Puvill. Aesculus hippocastanum f. pendula (Puvill.) Rehder Aesculus hippocastanum var. variegata Loudon Aesculus memmingeri K.Koch Aesculus procera Salisb. Aesculus septenata Stokes Hippocastanum aesculus Cav. Hippocastanum vulgare Gaertn. Pawia hippocastanum KuntzeSinónimos en Tela Botánica en PlantList
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Flora of China Editorial Committee. 2007. Fl. China 12: 1–534. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. "Plantas Medicinales, bayas, verduras silvestres. Guias de Naturaleza Blume" Ed. Blume 1ª Edición (1985) "Enciclopedia de las Plantas Medicinales" Dr. Pamplona Roger Biblioteca Educación y Salud Vol. 2 1ª Edición (1995) "Plantas Medicinales. El Dioscórides Renovado" Pio Font Quer Ed Labor 7ª Edición (1981) "Guía Práctica de las plantas medicinales y la salud" Vol. 4 Crédito Bibliotecario 2ª Edición (1991) "Vademecum de prescripción de plantas medicinales" Ed.Masson 3ª edición (1998)
Categoría:Plantas medicinais Categoría:Árbores Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora de Asia Categoría:Plantas descritas en 1753