Pierre-Thomas-Nicolas Hurtaut, nado en 1719 e finado en París o 5 de maio de 1791, foi un escritor francés.
Traxectoria Hurtaut era fillo dun comerciante de cabalos. Foi profesor de latín na Escola militar de Francia.
Publicou o seu primeiro libro, Le Voyage d'Aniers, en 1748. Interesado polos misterios do corpo humano, consagrou varias das súas obra a esta temática; destacan A arte de peidear e Essai de médecine sur le flux menstruel. Foi así mesmo historiador e membro da Société du bout du banc.
Obra Le Voyage d'Aniers (1748) Coup d'oiel anglais sur les cérémonies du mariage (1750) A arte de peidear (L'Art de péter, 1751; traducida e publicada en galego por Basilio Rodríguez). Essai de médecine sur le flux menstruel (1754) Le Pacte du destin (1770) Iconologie historique des souverains d'Europe (1774) Abrégé historique et protatif des rois mérovingiens (1775) Dictionnaire des mots homonymes de la langue française (1775) Dictionnaire historique de la ville de Paris et de ses environs (1779; en colaboración con Magny)
Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1719 Categoría:Finados en 1791 Categoría:Escritores de Francia Categoría:Personalidades sen imaxes