Eladio Fernández Diéguez, nado na Coruña o 3 de marzo de 1865 e finado en Zamora o 17 de novembro de 1935, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria Fillo do xornalista Ezequiel Fernández Miranda. Estudou Dereito nas universidades de Santiago de Compostela e Salamanca. Foi concelleiro republicano na Coruña. Comezou o seu traballo como xornalista en Murmullos Literarios e El Anunciador. Posteriormente, en Santiago de Compostela fundou El Cupido, traballou como redactor de La Verdad e Gaceta de Galicia, e colaborou con El Ciclón. Novamente na Coruña, colaborou con El Imparcial Coruñés e El Alcance e fundou e dirixiu La Coruña Cómica. Foi director de Tierra Gallega, redactor xefe de El Telegrama e tivo unha sección propia en La Voz de Galicia. Na súa estadía en Ferrol foi director de El Correo Gallego e Diario Ferrolano. Dirixiu Diario de Huelva, ademais de colaborar en diferentes xornais americanos.
Obras Para una noche (Historias y cuentos de miga), 1887. Parábolas, 1920.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Artigos na Hemeroteca da RAG
Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega