O distrito de Pallisa é un distrito da Rexión Leste de Uganda, que recibe o seu nome pola súa poboación capital, Pallisa.

O distrito de Pallisa limita polo norte (de oeste a leste) co distrito de Serere, o distrito de Ngora, o distrito de Kumi e o distrito de Bukedea, polo leste co distrito de Mbale, polo sueste co distrito de Budaka, polo suroeste co distrito de Kibuku e polo oeste co distrito de Kaliro. O censo do ano 2002 estimaba a súa poboación en 300.700 habitantes, nunha área de 1.956 km2.

A agricultura de subsistencia e a gandaría son as principais actividades económicas. En menor medida, tamén hai pesca, piscicultura, como tamén apicultura.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do distrito Información sobre Pallisa

Pallisa