No Need to Argue é o segundo álbum da banda irlandesa de rock The Cranberries, editado o 3 de outubro de 1994 a través do selo Island Records. Trátase do traballo máis exitoso do grupo e vendeu ao redor dos 17 millóns de copias en todo o mundo. Ten o sinxelo máis famoso da banda ata a data, "Zombie". O disco é máis escuro e duro que Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We?, editado un ano antes. Amosa unha interpretación máis madura da súa cantante Dolores O'Riordan, escribindo sobre guerra, morte, amor e decepción. A súa voz é máis clara, sen as capas do seu anterior traballo.

Nalgunha das cancións a banda decidiu tomar un camiño máis roqueiro e pesado, usando distorsión e incrementando o volume. O tema "Yeats' Grave", listado erroneamente no álbum como "Yeat's Grave" e nunca corrixido en reedicións físicas, fala sobre William Butler Yeats e cita un dos seus poemas, No Second Troy. A canción "Zombie", composta por O'Riordan, trata segundo ela do atentado do IRA de 1993 no que morreron dous nenos.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de The Cranberries Categoría:Álbums musicais de 1994 Categoría:Álbums producidos por Stephen Street Categoría:Álbums de Island Records