Para o artigo referido á personaxe histórica , ver Pocahontas.

Pocahontas é un filme de animación estadounidense dos estudios Disney dirixido por Mike Gabriel e Eric Goldberg que se estreou en 1995.

Sinopse Pocahontas, a filla do Xefe Powhatan, vixía a chegada dun gran grupo de colonos ingleses, guiados polo cobizoso gobernador Radcliff e o valente capitán John Smith. Co seu xoguetón compañeiro Meeko, un inquedo mapache, e con Flit, un colibrí, Pocahontas faise axiña amiga do Capitán Smith. Pero cando comezan a xurdir tensións entre as dúas culturas, Pocahontas recorre á sabedoría da Avoa Sauce para atopar un xeito de levar a paz entre o seu pobo e os conquistadores.

Personaxes Irene Bedard (Judy Kuhn, cantando) como Pocahontas Mel Gibson como John Smith David Ogden Stiers como John Ratcliffe John Kassir como Meeko Russell Means como Xefe Powhatan Christian Bale como Thomas Linda Hunt como Avoa Sauce Danny Mann como Percy Billy Connolly como Ben Joe Baker como Lon Frank Welker como Flit Michelle St. John como Nakoma James Apaumut Fall como Kocoum Gordon Tootoosis como Kekata

Galardóns e nomeamentos 1995: 2 Oscars: Mellor canción orixinal e banda sonora orixinal. 1995: Globo de Ouro: Mellor canción orixinal. 2 nomeamentos.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes ambientados en América do Norte Categoría:Filmes ambientados na América precolombiana Categoría:Filmes ambientados na Confederación Powhatan Categoría:Filmes ambientados nas Trece Colonias Categoría:Filmes ambientados en Virxinia Categoría:Filmes ambientados en Inglaterra Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes ambientados no século XVII Categoría:Filmes sobre nativos americanos Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal