miniatura|Icona da Santa Trindade no Mosteiro de Vatopedi do Monte Athos. Na teoloxía cristiá, a cláusula filioque¿Qué es la cláusula filioque? ou cláusula FilioqueAntonio Bravo García, Viajes por Bizancio y Occidente (Dykinson 2014 ISBN 9788490852378), p. 269Daryl Aaron, Los 40 cristianos más influyentes (Charisma Media 2014 ISBN 9781621368342), p. 102Britannica Enciclopedia Moderna 2011 (ISBN 9781615355167), p. 1034 ou controversia filioque (ou Filioque) refírese á inclusión do termo Filioque (que significa "e do Fillo") no Credo niceno-constantinopolitano, á doutrina da cal é expresión, e á relativa disputa entre teólogos da Igrexa Católica e da Igrexa Ortodoxa.

As Igrexas orientais difiren da occidental no texto do Credo de Nicea sobre o Espírito Santo. Na forma oriental dise: o Espírito Santo "procede do Pai" (sen engadir nin "e do Filho" nin "unicamente"). Na forma occidental, engádense as palabras "e do Fillo" (escrito en latín, Filioque).Catechismus Ecclesiae Catholicae, 184, "Symbolum Fidei Nicaenum-Constantinopolitanum": "qui ex Patre Filioque procedit"

A Igrexa católica confesa unha dobre procesión do Espírito Santo: "do Pai e do Fillo", como dun só Principio.Catecismo da Igrexa Católica, 246, en portugués e en español A Igrexa latina confesa isto tamén polo uso do Credo con Filioque a non ser que a palabra "procedit" (procede) sexa representada pola palabra grega "προερχόμενον", que ten un sentido máis restringido, que non se pode aplicar á procesión do Espírito Santo a partir do Fillo.Nota do Pontificio Consello para a promoción da unidade dos cristiáns, sobre as tradicións grega e latina en relación á procesión do Espírito Santo: texto en francés ; en inglés; en italiano.Andrea Pacini, Lo Spirito Santo nella Trinità. Il Filioque nella prospettiva teologica di Sergej Bulgakov (Città Nuova 2004 ISBN 978-88-311-3273-2), p. 116 Por esta razón, a tradución grega do Misal Romano exclúe o Filioque, e varios papas teñen recitado o Credo publicamente en grego sen o Filioque.Matthew Levering, "Rationalism or Revelation: St Thomas Aquinas and the Filioque" en Jeffrey W. Barbeau, Beth Felker Jones (ed.), Spirit of God: Christian Renewal in the Community of Faith (InterVarsity Press 2015 ISBN 978-0-8308-9775-9), p. 60John Panteleimon Manoussakis, For the Unity of All: Contributions to the Theological Dialogue Between East and West (Wipf and Stock 2015 ISBN 978-1-4982-0043-1), p. 15 En xeral, as Igrexas católicas orientais non usan a cláusula, o que non é negar a doutrina, e a Santa Sé anima as que a introduciran a "volver ás súas raíces".

Na Encyclopedia of Eastern Orthodox Christianity Marcus Plested sinala que os teólogos ortodoxos, mentres se opoñen, por unanimidade, a inclusión do Filioque no Credo de Nicea, descubriron agora modos posibles de conciliación en materia de doutrina e fraseoloxía.Marcus Plested, "Filioque" en John Anthony McGuckin, The Encyclopedia of Eastern Orthodox Christianity (John Wiley & Sons 2010 ISBN 9781444392548), p. 251–252 Xa Sergei Bulgakov (1871-1944) declarou que o Filioque non se pode considerar nin un dogma, nin unha herexía, senón un theologoumenon, é dicir, unha opinión teolóxica aceptable.Sergius Bulgakov, The Comforter (Eerdmans 2004 ISBN 9780802821126), p. 94 Karl Barth e Yves Congar din que a visión de Bulgakov é compartida pola maioría dos teólogos ortodoxos.Karl Barth, Church Dogmatics, vol. 1, part 1, p. 479Yves Congar, After Nine Hundred Years (Fordham University Press 1998 ISBN 978-0-82321857-8), pp. 147–148

Non todos os teólogos ortodoxos comparten esta visión. Alén de moitas "pombas" hai tamén –observa o bispo ortodoxo Kallistos (Timothy) WareTimothy Ware (Kallistos de Dioclea), The Orthodox Church: An Introduction to Eastern Christianity (Penguin 1993 ISBN 9780141925004)O Bispo Kallistos Ware, despois de ser un feroz oponente do Filioque, concluíu que o problema reside non tanto na área de diferenzas doutrinárias fundamentais como no campo da semántica e de diversidade de énfase (Kallistos Ware, "Oriente e Occidente, fonti e speranze della Chiesa indivisa" de Philippe Baud, Maxime Egger (ed) Le ricchezze dell'Oriente cristiano. Teologia, spiritualità, arte, Pauline 2004 ISBN 9788831526289, p. 148 e Catholic Answers: Filioque )– os "falcóns", para os que o Filioque é unha herexía.Timothy Ware (Kallistos de Dioclea), The Orthodox Church: An Introduction to Eastern Christianity (Penguin 1993 ISBN 9780141925004) Un dos máis destacados destes era Vladimir Lossky (1903-1958), que no Filioque viu a raíz de todos os problemas dogmáticos das relacións entre Oriente e Occidente:Maria Rigel Langella, Salvezza come illuminazione. Uno studio comparato di S. Bulgakov, V. Lossky, P. Evdokimov (Editrice Pontificia Università Gregoriana'' 2000 ISBN 9788876528705), p. 139 segundo el, a cuestión da procesión do Espírito Santo é a única razón dogmática para a separación de Oriente e Occidente; as outras diverxencias doutrinarias só son o resultado desta.David Guretzki, "The Filioque: Reviewing the State of the Question" in Myk Habets (ed), Ecumenical Perspectives on the Filioque for the 21st Century (Bloomsbury 2014 ISBN 9780567164711)Daniel B. Clendenin, Eastern Orthodox Theology: A Contemporary Reader (Baker Academic 2003 ISBN 9780801026515)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Cristianismo